3.3.21

Aprende a través do Surfing

O noso centro participa no proxecto educativo "Aprende a través del surfing" que desenvolven conxuntamente a Federación Española de Surfing e Surf and Clean.

Grazas a esta colaboración, onte e hoxe, o alumnado de 3º a 6º EP tiveron sesións formativas no pavillón da man de One Surf Academy, nas que aprenderon dunha forma moi divertida e dinámica valores relacionados coa saúde física, mental e espiritual.

Nestas xornadas coñeceron e manipularon distintos materiais que se utilizan neste deporte, moitos deles reciclados; realizaron asembleas sobre as mareas e a conservación da natureza;  xogaron con skates e táboas de body e surf, dinámicas nas que tiñan que confiar nos compañeir@s e colaborar de forma conxunta axundándose mutuamente para lograr un obxectivo...


Unha vez preparad@s, se a situación actual o permite, realizarán prácticas na praia de forma segura para tod@s!!!!

Picando nos seguintes enlaces accederedes as imaxes das xornadas para cada aula:

SESIÓN EN 3º EP

SESIÓN EN 4º EP

SESIÓN EN 5º EP

SESIÓN EN 6ºEP


No hay comentarios: