1.2.21

XORNADA PORTAS ABERTAS 2021!

Neste ano, tan complicado, non queremos deixar de presentar o noso centro ás novas familias que queiran formar parte da nosa comunidade educativa. Por iso, invitámolas a coñecer o CEIP Milladoiro nos días 25 e 26 de Febreiro de 15:30 a 18:00 con cita previa para poder organizar as visitas de maneira individual e cumprir así con todas as medidas seguridade.


Os alumnos e alumnas deste centro tamén quixeron formar parte desta xornada contando que é o que máis lles gusta do Milladoiro, así que se queredes coñecernos de primeira man podedes enviarnos un correo ao ceip.milladoiro@edu.xunta.gal ou chamarnos por teléfono: 881880736.

Ningún comentario: