11.2.21

Día da Muller e a Nena na Ciencia

Hoxe, Día da Muller e da Nena na Ciencia, homenaxeamos con esta imaxe-collage a todas as nosas nenas desenvolvendo a actividade científica no Laboratorio Experimental.

Picando na imaxe accederedes ás entradas publicadas no blog LeoLab relacionadas co laboratorio experimental.

Recordar a todas as Mulleres, a todas as Nenas: se queres, podes!; tal e como o fixeron as recentes Mulleres gañadoras de Premios Nobel que publicitamos neste blog no 1º trimestre. Picando na seguinte imaxe accederedes á publicación.

Por unha igualdade de xénero real na que...

ELAS SERÁN O QUE QUEIRAN SER!

Ningún comentario: