20.1.20

RECíCLATE CON SOGAMA


Neste presente curso fomos seleccionados para participar no programa "Recíclate con Sogama", dentro do Plan Proxecta. 
Unha das primeiras actividades foi unha charla por parte do persoal docente de Sogama ao alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria. Falaron da importancia da reciclaxe, do uso dos diferentes contenedores, das 3R... e estiveron moi atentos porque con todos estes datos despois fixeron exposicións os seus compañeiros (os alumnos/as de 6º E.P. aos de 4º e 2º de E.P. e 6º E.I. e os alumnos de 5º E.P. aos de 3º e 1º de E.P. e 4º/5º de E.I.).















Ademais trala colocación das Illas de reciclaxe no patio, comezamos unha campaña de vixianza co alumnado voluntario, que se encarga de asesorar en que contenedor vai cada residuo e vixiar que non tiren nada ao chan. 



















Outra iniciativa por parte do centro foi colocar en cada unha das aulas de Infantil unha réplica da Illa de reciclaxe do patio para que así poidan aprender esta práctica na súa hora da merenda.



Podedes ver as fotos destas actividades premendo no seguinte enlace: Reciclaxe.

Ningún comentario: