24.10.19

1º Grupo do Laboratorio de Ciencias (Pequeciencias)

Pasou o primeiro grupo de Educación Infantil e 1º ciclo de Educación Primaria polo Laboratorio de Ciencias, estreando novo espazo o laboratorio Pequeciencias.
Aquí tedes un pequeno vídeo resumo onde se recollen as diferentes actividades que realizamos. 
Comezamos identificando os elementos cos que íamos traballar, realizamos mesturas con auga para distinguir as homoxéneas das hetereoxéneas e experimentamos libremente (a parte que máis lles gustou). 
A seguinte sesión estivo adicada á realización de experimentos baseados nas mesturas, as reaccións químicas e os cambios da materia e, por último, fixemos un repaso de todo o aprendido e probamos as piruletas de azucre que se cristalizaran dende a primeira sesión.

Ningún comentario: