15.2.15

Entroido: Países e culturas do mundo


Entroido 2015 from bemilladoiro on Vimeo.
Velaí algunhas imaxes do que foi a celebración do entroido o pasado venres.
Como sabedes, os disfraces forman parte do noso PDI anual que este ano, ao igual que o curso pasado, vira arredor dos países e culturas do mundo. Así, atopámonos con indús, keniatas, rumanos, saharauis, irlandeses, caribeños, exipcios... e un longo etcétera.

O importante é que nenos e nenas achéganse a esas culturas lonxanas en moitos casos a través das lecturas propostas no Plan Lector anual do colexio, aprenden moito de relativismo cultural e achéganse desde o coñecemento a lugares remotos.
 Porque o mundo é moi, moi grande, variopinto e complexo.

Velaí algunhas imaxes do que conseguimos plasmar plásticamente.

Unha novidade deste curso foi a visita dos compañeiros e exalmnos/as do IES Urbano Lugrís, un achegamento longamente agardado que se fixo posible este curso e que festexamos con algo que é unha PRIMICIA: unha foto final da celebración.

Foi unha mágoa non contar cun fermoso día de sol pero... non estaba na nosa man. Aínda así, preparamos un lugar para que as familias poideran acudir ao desfile e despois, coma decote, poideron acompañarnos na celebración lúdico-gastronómica que eles mesmo fan posible pois son quenes aportan os doces.

4 comentarios:

cormelana dixo...

Que fermoso!! Parabéns a tod@s polo traballiño, incluíndo a monraxe da presentación esta.

Leo dixo...

Grazas, Cormelana. Esta é unha celebracion que nos gusta moito.

Mª delCarmen Vázquez dixo...

Moi bonitos todos os disfraces.Coma sempre vese que traballades moito ,porque eu sei todo o chollo que leva e o tempo que lle tes que adicar.
Moitas grazas por as fotos que nos dan a oportunidade de seguir con vos ainda que sexa só polo blog. Saúdos moi agarimosos

Leo dixo...

Carme, este segue a ser o teu cole. Ven cando queiras!