O pasado mes de Setembro recibimos a oferta da Escola de danza clásica de Ponteceso de vir facer unha exhibición ao noso centro co fin de divulgar esta afición entre os nosos escolares. O motivo tamén era que hai unha alumna do centro que coñeceu a actividade nunha demostración escolar e hoxe practícaa con éxito.
Organizamos pois un par de sesións ás que acudiron os escolares de 2º e 3º ciclo.
A delegación de bailaríns viña encabezada por Mercedes Suárez directora do Centro Coreográfico Galego.
A exhibición incluía danza clásica e contemporánea e aos rapaces encantuolles. Especialmente ver bailaríns masculinos practicando unha actividade que, en xeral, está connotada como feminina.
Sempre estamos abertos a poñer aso nosos escolares en contacto con disciplinas, actividades, deportes... socialmente minoritarias pero que poden satisfacer as necesidades dalgúns deles e axudarlles a medrar felices.
Ás veces estas actividades están xeográficamente moi cerca, como é o caso e, polo tanto, entran dentro do posible.
Enlace ao álbum fotográfico

Ningún comentario:
Publicar un comentario