24.4.13

Sinalizamos e colocamos: unha biblioteca renovada

Este curso, como xa sabedes, puxémnonos a facer obras na biblio (outra vez!). Desta volta propuxémonos reorganiozar os fondos de literatura(nunca tiveramos o tempo de situalos alfabétivamente e valiamonos de telos por editoriais e coleccións que, sen ser moi ortodoxo, era útil) e reorganizar os grupos que tiñamos para libros de información.
Era necesario, pois, refacer a sinalización.
O caso é que un numeroso grupo de profes puxéronse máns á obra e esto que estades a ver é parte do traballo que desenvolveron:
  • Un decálogo de uso dos ordenadores
  • Un directorio coa CDU
  • reorganización  dos fondos informativos
  • colocación de toda a literatura por orde alfabética
  • creación dunha  sección que creamos o curso pasado (contos clásicos)
  • reubicación dunha que xa tiñamos (Comiteca)
  • deseño dos alfabetos
  • colocación de  novos andeis...
... o caso é que estamos a piques de rematar.

E xa podemos mostrala. Gústavos?

7 comentarios:

Mª delCarmen Vázquez dixo...

Noraboa a tod@s que fixeron posible ese traballo tan importante na Biblioteca .
Ánimo para seguir traballando.
PARABENS!!!!!

olga dixo...

Grazas, Carme. Ti segues a formar parte de todo isto!

Emilio dixo...

Que ben Olga! Está ben eso de que pensedes tanto, así xa sei o que teño que facer eu, que non sabía como resover.

Emilio

olga dixo...

Xa sabes como vai isto: hoxe por ti, mañá... :-)

Curuxa Catuxa dixo...

Canto traballiño! Agora si que será imposible perderse. Dasnos moitas ideas, Olga! Parabéns!

olga dixo...

Grazas. Traballaron moits persoas pero... pagou a pena! Agora só hai que tirarlle partido :-)

Chispa dixo...

Quedou fenomenal. Coma sempre, un bo traballo e unha idea para valorar. Niso andamos.
Bicooooooos.