26.10.11

Gravadoras novas!

Aumentamos os nosos recursos con tres novas gravadoras de audio. Xa dispoñiamos de unha e quixemos aumentar o número pois é un aparelliño que se usa moito nas actividades das aulas.
Pedimos ás mamás da AMPA que nos fixeran unhas bolsiñas para que sexan máis doadas de levar e traer, e faltoulles tempo para facelas. Grazas.
Cada bolsiña leva: a gravadora, o manual de instruccións, as pilas e o cable para descargar.
De momento, nós facemos o préstamo ás aulas (ó/á profesor/a-titor/a) e este/a, se o cre convinte, empréstalla ós escolares.
Así que... xa podemos comezar con esas fermosísimos relatos dos contos que andamos a traballar.
E...coidádeas moito. Que teñen que durar!

Ningún comentario: