16.10.11

Alfabetización

Hai algún tempo que andamos a darlle voltas a este concepto: ALFABETIZACIÓN.
Lendo a Daniel Cassany e a Felipe Zayas, confirmamos este pequeno lío que non é só da linguaxe.
Escoitades falar de alfabetización dixital pero... ¿que é iso?
Na nosa maneira de velo non se trata máis que da nova forma que toma a alfabetización no s. XXI.
Se no s. XIX a idea era ensinar a ler e escribir, agora é o mesmo pero... TAMÉN en pantalla.
Ningún dos nosos escolares estaría preparado para a vida se non soupera ler e escribir en calquera soporte (dixital incluído)
Ese é o reto.
Por iso as TIC non son ferramentas que facilitan a aprendizaxe. Non. Son espazos de comunicación e de construcción do coñecemento. Son novas formas de comunicación, novas prácticas culturais que xa forman parte do mundo que vivimos. Así que: alfabetización. A secas.
Por iso demandamos dotacións suficientes para os nosos escolares. Porque temos a obriga de alfabetizar. E, pola mesma razón, son parte da biblioteca.
En tódolos sentidos.

Ningún comentario: