28.6.11

Aloumiños

O Sunshine Award é un agasallo inesperado que nestes días convulsos nos chega da man dos amigos de Arquivos do Trasno, blog da biblioteca do IES Rafael Dieste.
Segundo parece, o agasallo concédese @s artistas cuxa positividade e creatividade inspira ós que os rodean.
¡Que bonito!
E, como mandan as normas, nós facémolo chegar a...¿12?...IMPOSIBLE!!!
Nós concedémolo a tódolos nosos lectores e lectoras, sen os cales este espacio electrónico non tería ningún sentido. Lembrade que precisamos dos vosos comentarios porque nos dan enerxía e forza para continuar. E boa falta nos vai facer!

Grazas a todos e todas por estar aí, por lernos, por acompañarnos, por serdes esixentes co noso traballo e utilizarnos coma o que pretendemos ser: unha fonte fiable de información.

GRAZAS a TODOS/AS

Ningún comentario: