6.5.11

O noso Pablo: PARABEEEEEEEEEENS!!!

Pablo, foi alumno deste cole. Pablo amaba a papiroflexia. Pablo era reflexivo e serio desde pequeniño. E, Pablo, hoxe ven de darnos unha grande alegría:
A universidade barcelonesa Pompeu Fabra ven de darlle un premio por obter unha fórmula matemática que confirma que a velocidade de enfriamento dun líquido é maior canto máis quente está
Pablo marchou do Milladoiro para o Alfredo Brañas de Carballo, logo para o Rosalía de Castro de Compostela. Alí continúa na Universidade.
Lembro a Pablo sempre formaliño, serio, moi interesado na papiroflexia...Polo seu interés no tema adquirimos os nosos fondos nesa materia e montamos un taller que durou varios anos e estaba moi concurrido.
Uns anos despois veu dar as grazas pola formación recibida en ALFIN. Lembro as súas palabras: Eu era o único que sabía como se fai un traballo- díxome. E eu pensei que só por iso xa pagaba a pena.

Valoramos neste premio dúas cousas: o recoñecemento a un traballo que, sen coñecelo polo miúdo sabemos que é serio, e o que ten de exemplar para os nenos e nenas que hoxe estudian con nós. Como fixemos hai uns días con Santi Romay.
A mensaxe é:
soña, aspira, quere... e apunta alto!
Podes acadar os teus soños.
Coma Pablo.
Sabesdes que temos por costumbre agasallar ós nosos escolares de 6º cun libro que contén as súas biografías escritas por eles mesmos. Gardamos os orixinais de todos. Esa é a foto que Pablo puxo de sí mesmo no ano 2004.
O resto podedes velo no artigo que aparece hoxe na Voz de Galicia

3 comentarios:

BIBLIOCERVO dixo...

Parabensss a Pablo e a todos cantos contribuístedes a ese premio

Leo dixo...

Exemplos coma o seu son os que precisamos para seguir adiante.
Nós filitámolo a el e á súa familia, que foi quen de alentar os seus soños de neno.

Mª delCarmen Vázquez dixo...

Felicitacións para Pablo e os seus por ese premio tan merecido.
Si señor,un bo estudiante e entusiasta da papiroflexia.
Poido dar fe que o vermiño de facer cousas co papel surxiu
na Biblioteca do Milladoiro.