15.4.11

Misións Pedagóxicas en Malpica


Vealí a instantánea da que falabamos tomada na estrea de Retablo de fantoches, unha obra de títeres de Rafael Dieste. Corría o ano 1933.

Logo da estrea en Malpica, a Misión foi á Fonsagrada onde, ó parecer, quedaron pechados pola neve e aproveitaron para arranxar os monicreques. A Misión continuou por Galicia e logo seguíu o seu percorrido por España. Concretamente a Burgos e Cáceres onde, parece ser, Dieste coñeceu á que sería a súa muller.

A misión do 33: “...é un pouco especial. Por vez primeira faise coincidir o que é unha Misión normal co Museo do Pobo... Esta iniciativa consistía e dúas coleccións itinerantes de copias dos máis coñecidos autores españois, como Velázquez, O Greco, Murillo ou Goya, que se trasladaban nunha serie de caixas e eran explicados por algúns dos misioneiros. Ademais, copias impresas destas obras repartíanse entre os participantes e deixábanse nos centros receptores. Isto esixía unha determinadas infraestruturas. Tiñan que ser vilas onde puidese, cando menos, chegar unha furgoneta” en palabras de Eugenio Otero, comisario da exposición sobre as Misións Pedagóxicas.

AQUÍ pódese consultar o dossier completo da Exposición que organizaron o Ministerio de Cultura e a Fundación Giner de Los Ríos que estivo en Compostela no ano 2007

Agradecemos a información sobre a imaxe e o dossier a un dos nosos visitantes que nos deixou un amabilísimo comentario con eses datos.

Ningún comentario: