7.4.11

Encontros

Comezaron hoxe para os centros de nova incorporación e seguirán mañá para todos cantos estamos no PLAN de MELLORA das BIBLIOTECAS ESCOLARES de GALICIA, os ENCONTROS deste ano. Coma tódolos anos, lugar de encontro e reflexión sobre o que facemos cada día. Lugar de coñecemento e imaxinación de novos camiños a explorar. Lugar de conversa e definición de hacia onde queremos ir, como vemos o futuro e que podemos facer cada responsable, cada equipo, cada centro... para mellorar a competencia lectora, a informacional, a dixital... que podemos facer para contribuir a teren cidadáns máis informados, máis críticos... máis felices. Porque como ben dixo... alguén:
Non preguntes que pode facer o teu país por ti.

Pregunta que podes facer ti polo teu país.

E, a min esa frase, sempre ma pareceu un tratado completísimo. Os Encontros pódense seguir en directo as sesións plenarias. Persoalmente, ademáis de reencontrar ós compañeiros e compañeiras, teño especial interés por escoitar ás profesoras Baró e Mañá, que supuxeron o meu inicio neste mundo apaixoante das BEs. Coma decote, aprenderemos delas canto poidamos!

Ningún comentario: