18.2.11

Venres: Unha de amor (1º)




Unha de amor, da serie Os contos da rata Luísa, foi o texto escollido en 1º.
Así escoitamos como Luisa e Roxelio querían casar...¡e ó final conseguírono!
Un libro que fixo as delicias de tódolos pequenos.

E, con isto, rematou esta semana tan intensa.
Pasámolo ben. Desempolvamos libros.
Démoslles vida.
Houbo nervios (mesmo entre as profes!)
Pero, sobre todo, houbo moita alegría e moito gusto por facelo ben e agradar. E esas son virtudes moi importantes: aspirar a facer, calquera cousa que sexa a que fagamos, o mellor posible, perfeccionarnos cada día. E facer a vida agradable ó noso redor:

Alguén dá máis!

Pola nosa banda, prometemos repetir.

2 comentarios:

Picaros do Milladoiro dixo...

Grazas Leo, aos pícar@s de 1ºA gustounos moito a presentación de fotos da nosa actuación.

Leo dixo...

Eu estiven asexando... e gustoume tanto!!!