24.10.10

Que pasou o día que naciches?


Se che interesa saber que dicían os xornais aquel día... para iso están as hemerotecas dixitais.
Se andas a preguntarte QUE É UNHA HEMEROTECA? direiche que é unha biblioteca pero só de xornais.
Tódolos grandes xornais teñen a súa (ou andan a facela)e últimanete andan a dixitalizalas para que poidamos consultalas desde calquera lugar. Mira:
La Vanguardia, desde 1881
ABC, desde 1903
La Voz de Galicia, só desde o 2000 (de momento)
Ademáis de ser unha excelente fonte de información, pode ser un entretido xogo familiar para unha tarde chuviosa de domingo. Verdade?

Ningún comentario: