6.10.10

Consellos para pais e nais que queren facer lectores

Vimos de coñecer o Laboratorio da Lectura da FGSR e parécenos un instrumento moi, moi interesante para poñer nas mans de pais e nais.
Concretamente a lapela CONSEJOS está chea de información utilísima. Cantas veces nos preguntamos como escoller os millores libros para os fillos? Ou as lecturas máis acaídas para un adolescente? Precisamos axuda para saber contarlles ben un conto?... Mesmo ten un apartado divertidísimo sobre como conseguir que os rapaces odien a lectura.
Esta Fundación é unha guía no noso traballo de animación lectora e, unha vez máis, demostra estar á altura das necesidades de todos cantos actuamos de mediadores entre rapaces e lecturas.
Animámosvos a visitala e deixamos o enlace no apartado de Pais e Nais.

Ningún comentario: