Parece ser que a distinción está directamente relacionada o feito de que foi Presidenta do Consello Escolar de Galicia.
Pero Mila é moito máis.
Esta biblioteca que hoxe disfrutamos débelle o apoio que nos prestou durante anos. Cando eu falaba de educación documental e só podía facelo con nomes a quenes tardei moito tempo en pór rostro porque estaban xeográficamente lonxanos, Mila era o único rostro de carne e oso.
Cando eu presentaba un ano tras outro proxectos para os seminarios que nos valeron de formación e financiación durante anos e anos, Mila, desde O CFR da Coruña confiaba cegamente na validez do noso traballo, alentábao...
Daquela, as bibliotecas escolares estaban fundamentalmente centradas na Animación á Lectura pero nós traballabamos outra orientación: o que hoxe coñecemos como ALFIN e que non era outra cousa que ensinar ós nosos escolares a moverse no mundo da información poñéndo esa habilidade ó servizo do curriculum (e xa no ano 96 diciamos eso de en calquera soporte). E Mila confiou cegamente no noso traballo desde o primeiro día.
Mila forma parte xa da historia das Bibliotecas Escolares de Galicia. E tamén da Prehistoria. Porque antes do PLAMBE xa había vida. E persoas, como Mila, souberon coidar dela.
Por ser colega, compañeira e cómplice.
Por terme limpado os mocos co teu recoñecemento (tantas veces!)
Por entender a escola coma un espazo de compensación de desigualdades.
Por entender que a educación é o verdadeiro motor de cambio das sociedades.
Por ser mestra antes que política.
Por... por todo, Mila. Por todo:
PARABENS!!!
4 comentarios:
Fermoso texto. Fareillo chegar.
Queda corto para reflexar unha vida de entrega á EDUCACIÓN. Ela é moito máis.
Eu coñecín moi pouco a Mila, só estiven con ela algunha vez comendo e ademais grazas a ti que nos presentache unha mañá cun café nunha das xuntazas do PLAMBE. Que curioso... todo o que ti dis de Mila eu pensoo de ti... cada vez que te vexo, falo contigo ou te leo no blog resulta que creo na educación e na vida da xente adicada a tal fermoso fin. BIcos para Mila e para ti.
Olga non pode agradecerche o comentario porque está ocupada contendo a emoción que lle produce estar rodeada de xente tan fermosa coma ti.
Publicar un comentario