9.6.10

Querida Michelena:

Nunca pensei que chegara o momento de che dicir adeus. Nunca. Formabas parte da miña paisaxe: mañás de sábado en Pontevedra; compras por aquí e alá; Vémonos en Michelena! era a frase.

Michelena= todo. Cando quería algún libro especial era a seguridade de contar con el. Cando quería saber que había de novo no mercado era a seguridade de estar á última.

Cantas veces fomos expresamente a Pontevedra coa excusa de ir verte.

29 anos servindo á CULTURA. E agora morres de asfixia económica: non se vende.

Non sei como poderei volver a Pontevedra e non terte como punto de encontro, como punto de partida. Como punto de chegada.

Quédame darlle as grazas ós teus donos: un grupo de amigos que sabían de verdade o que era a cultura e hai 29 anos puxeronlle patas a ese soño.

Só nos quedan tendas de libros.

GRAZAS, Michelena.

Por todo.

Ningún comentario: