- PAZ?????????????
- PAZ: PAM!. Balas. Confusión, asasinatos, bombas.
- PAZ: PAF!. Golpes. Cambadelas da vida cotiá. Rancor. Violencia.
- PAZ: PAZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZ. Soño. Sono indiferente da irresponsabilidade.
- Non é un xogo. É a fraxilidade da palabra. Espello fiel da inestabilidade do seu significado.
- Utopía imposíbel.
- Palabra que xera poesía.
- Poesía? Poesía e Paz.
- Tanques de algodón
- Armas de caramelo
- O noso soño
- O noso desexo
- A nosa conspiración.
Esta é a nosa proposta: un mundo reinado pola esperanza das palabras, palabras sublimes que permiten melodías, risos, soños... PAZ.
Xesto simbólico o das Bibliotecas Escolares, que novamente unen voces, azos e esperanzas. A través do mosaico que supón, por fin na nosa comunidade, a integración de diferentes cores, razas, linguas... chega a poesía capaz de expresar unha mesma arela. O frenesí da humanidade dominado pola forza da palabra. Unidos contra a ignominia da morte inxusta, das violacións das mulleres, da violencia extrema, da existencia dos nenos-soldado, da vinganza. Optamos polo silencio das palabras, da súa mudez. Porque a súa música festexe os días de coñecemento. Porque os aloumiños que desprenden estas balas sexan quen de recargar o porvir. Porque o nosos pentagramas debuxen as fusas non confusas da ilusión, do mañá cargado de bombas de papel. Papeis que falan de sorrisos, de amores, de xustizas. Papeis convertidos en poesía.
Hoxe, o noso alumnado, dende esas diferenzas que os converten en iguais, transfórmanse en trasnos portadores de equidade. Dende o pasado poético ao presente sonoro, ao futuro harmonioso.
Doces "armas" amigas:
(Aquí podes ler os poemas dos outros coles)
As nosas armas de caramelo:
Brenda, Fede, Bruno, Agustina e Sebas.
Alba Luz e Pedro
Directorio doutros tanques de algodón:
Pincha sobre as ligazóns e poderás saborear moitos máis poemas... de PAZ
O Segrel do Penedo. IES de Fene. Fene. A Coruña.
Mesturas. IES Sánchez Cantón. Pontevedra.
Bibliobelesar. CEIP de Belesar. Belesar. Pontevedra.
Biblioandrade CEIP de Andrade. Pontedeume. A Coruña.
Bemilladoiro. Biblioteca do Ceip. Milladoiro. Malpica. A Coruña .
Biblioteca Olhos Grandes IES Nosa Señora dos Ollos Grandes . Lugo
Biblioteca do CEIP de Pazos. CEIP de Pazos. Ferrol. A Coruña.
Biblioteca do cole. CEIP Quintela de Moaña. Pontevedra
Cadernos de Vide. Escola Unitaria de Vide. As Neves. Pontevedra.
Biblioteca Brea Segade. C.E.P. Xose Mª Brea Segade. Taragoña. Rianxo.
Biblioteca IES de Sanxenxo. Sanxenxo. Pontevedra.
Biblioteca IES R. O. do Uruguai. IES República O. do Uruguai. Vigo.
Biblioblogreboreda. Ceip Santo Paio de Abaixo, Reboreda. Pontevedra.
Biblioteca Colexio de Cervo. CEIP de Cervo. Lugo.
Bibliochispi. CEIP A Laxe-Marin. Pontevedra.
Participa tamén neste proxecto o blog Trafegando Ronseis
ZOE:
LINO:
19 comentarios:
Gustáronme moito os poemas de todos os cursos sobre todo o de Lino
Encantaronme todos os poemas pero o que mais me gustou foi
o Zoe e Lino
Gustaronme todos os poemas.
Que bonito foi oir a Dani recintando a poesía!.
Paz para todos os que recitaron.
Gustanme moito os poemas que recitaron todos pero o que máis me gustou foi o que dixo Zoe.Tamén me gustou oirme a mín.Felicidades a todos os que recitaron.
A MIN GUSTOUME OIR COMO DIXO ZOE PAZ EN CHINES.
Eu non conocia como se dicia (paz) en chino e agora xa o coñezo, grazas a Zoe e Lino.
Gustronme moito estes poemas sobre todo de Lino e Zoe.
Estes días da paz,enseñáronos que
debemos ser máis coidadosos cos
demáis.A parte,parecéunos moi bonito que Zoe e Lino dixeron Paz
en chino.
Gustoume moito saver como se di paz en chines.E máis o poemas de Rafael Alberti.
Gustoume moito o poema de 6B.
Gustaronme todos os poemas e máis o de Zoe e Lino.
Paz para todos.
Gustoume moito todos os poemas pero máis o noso porque e de Rafael Alberti.
GUSTÁRONMEME TODOS OS POEMAS DA PAZ.
MÁIS QUE NINGÚN, O POEMA DE URUGUAY.GUSTOUME A POESIA DE RAFAEL ALBERTI: A MENSAXE DE JUAN PANADERO.
Gustaronme todos os poemas pero o que mais me gustou foi o noso,o de 5ªB o romance de Juan Panadero.
No no coñecia.
A min gustaronme moito todos os poemas.E desexo que se cumpla a palabra da PAZ.
Cun exército coma este tódolos días serían pacíficos e soleados, dúas palabras que sei que vos gustan.
Espectacular, fermoso e pacífico traballo. Espectaculares, fermosos e pacíficos alumnos e alumnas.
Parabéns.
Ola. Son a mamá de Lino. Gústame moito a voa páxina e estas actividades da Paz parecéronme moi ben organizadas, creativas e orixinais.
O meu desexo é que non haxa algún día ningún neno nin nena sen unha familia, que non sexan precisos orfanatos nin centros de acollemento, porque sen moito cariño a paz vólvese máis difícil. Un biquiño.
Grazas, Enma polas palabras bonitas.
Encántanos que pases por este foro e fales con nós.
Non perdas o costume.
Publicar un comentario