5.12.08

Cantar e contar, en Carballo



Vía Asesoría de Bibliotecas Escolares de Galicia, recibimos esta información, que vos achegamos para que poidades disfrutar nestes días sen escola.

O Pazo da Cultura de Carballo acolle, ata o día 8 de Xaneiro,a esposición das ilustracións dos contos que forman parte da Campaña Contar e cantar: Ler na nosa lingua que Kalandraka leva a cabo co apoio da Secretaría Xeral de Política Linguística. Ademais das visitas que realizan os grupos de alumnos en horario escolar, a mostra de arte tamén está aberta ás visitas do público en xeralno horario de apertura do Pazo, de 10h a 14h e de 16h a 21h.

Ningún comentario: