13.11.08

6º aniversario



Hoxe fai seis anos. E sigue a estar presente e actual. Aída lembramos aquela cor negra que o tinguía todo, aquel olor sofocante que nos facía levar a man ó nariz para respirar millor...

Lembrámolo con pavor, con rabia, cun estremecemento no corazón. Aínda oímos aquel vento de furacán que soplaba, a choiva que doía...

Lembramos tamén aquel curso no que tódalas programacións de aula quedaron trastocadas e reconvertidas mentres aulas e bibliotecas escolares nos volcabamos na realidade máis cruda que tiñamos baixo da ventá para tentar de dar unha resposta serena e educativamente constructiva a aquelo que nos estaba a suceder.

Aínda non estamos seguros de que non volva pasar.

Pero non queremos deixar pasar o día sen dicir que: LEMBRAMOS e, aínda, ESPERAMOS

7 comentarios:

Loly dixo...

Ver isto dame arrepios
non o podo remediar
berremos alto e forte
todos xuntos NUNCA MÁIS!!!

Anónimo dixo...

hola a todos/as,

una saúdo dende Fene para os mestres do Milladoiro, dende o CIP A Xunqueira.

Pois que vos sigo moi atentamente gracias a voso blog.

olga dixo...

Contigo berramos todos
por nós, polos que virán:
aqueles días escuros
que non volvan NUNCA MAIS!!!

E por Fene anda Esteban
que alegría, compañeiro!
Xa ves que estando no blog,
estamos no mundo enteiro!

Tal vez che estrañe a resposta
a resposta reguiefeira
a culpa desta resposta
tena a túa compañeira.

Loly chámase de nome
disque Lago de apelido
e lava unha biblioteca
¡de las que en el mundo han sido!

É o Segrel do Penedo
e tamén anda por Fene
e tendo tan mala rima...
non acabo a coplilla

Loly dixo...

Que di da rima de Fene
unha mestra sin igual
no mundo non hai palabra
que ti non podas rimar...

Máis lendo ben a Regueifa
que acabas de rematar
mamaiña non o creo
mandanme a biblio lavar.

A lavar a biblioteca
ai miña Olga querida
era o que nos faltaba
TICs, lectura e tamén LIMPA!!!

olga dixo...

Non a lAva, que a lEva
só faltaba que a labara!
É millor non dar ideas:
Vós non oíchedes nada!

Anónimo dixo...

Pois mira que son listas
estas dúas compañeiras:
mestras, bibliotecarias
e estupendas regueifeiras.

Poden ser as "bibes"
ou mesmo as mareas negras
pois nadiña se resiste
ás súas boas regueifas.

E como isto de rimar
non é fácil traballo
vai ser mellor calar
despois de meterme no allo

Pois por isto de falar
con estes versos tolos
semella que me deu un aire
de espremer tanto os miolos

Ronsel dixo...

Como estades feitas unhas poetas, só paso a saudar por algo tan negro que nunca seremos quen de esquencer. Agardemos que o mar nos perdoe todas as que lle facemos.
Bicos