Radio Balea, a radio nas ondas...
Radio Balea, a nosa radio!
Programas curso 2020/21
MillaInforma III. Día Mundial da Radio: Radio Balea
O vindeiro 13 de febreiro celébrase o Día Mundial da Radio e para conmemoralo unímonos á proposta feita por Ponte...nas Ondas!: preséntasnos a radio do teu centro?
As/os biblioaxudantes de 5ºB: Daniela, Antía e Pablo, foron as/os encargadas/os de locutar esta marabilla de podcast no que narran moi ben como naceu e se foi conformando Radio Balea, a nosa Radio.
Parabéns polo fantástico resultado!
MillaInforma II: Rosalía de CastroDesta vez foron Nico, Carla e Laura de 5º B de Primaria, biblioaxudantes en radio na biblio, os/as encargados/as de levar a cabo o programa, o cal xira en torno á figura de Rosalía de Castro. Dende o centro, farémoslle unha homenaxe a través do Laboratorio de Son e o programa Que me contas?: cartas a Rosalía.
Se queredes saber máis...picade no play!!
Moi bo traballo Nico, Carla e Laura!!! Parabéns!!
MillaInforma I: Cociñando con-Ciencia
Estreamos unha nova sección dentro do programa MillaInforma levada a cabo polos/as biblioaxudantes de radio na biblio de 5º B de Primaria. Neste primeiro programa os locutores foron Iker, Icía e Germán.
No programa informan sobre as novidades que nos esperan este 2º trimestre: laboratorios de aprendizaxe e actividades varias!!!!
Moi bo traballo Iker, Germán e Icía!!! Parabéns!!
Programas Radio Balea: DENDE A CASA PARA O MUNDO!
Nesta páxina podemos escoitar os programas da nosa Radio Balea feitos no curso 2019/20; así como iremos publicando todos aqueles que poidamos ir CREANDO CON VÓS dende as nosas casas.
Queremos que Radio Balea sexa a nosa compañía todos estes días!
Dende a biblioteca publicouse en todos os blogues do Milladoiro unha proposta polo Día da Poesía, gravar unha poesía que vos guste e enviarnos o audio..
Animádevos a participar e...
crearemos un novo programa FEITO DENDE AS CASAS!
Esta páxina recolle todos os programas que vaiamos realizando dende as nosas casas: alumnado, familias, profesorado...
Iremos dándovos propostas, como a publicada pola biblioteca polo Día da Poesía para que vos animedes a enviarnos audios e...GRAZAS a todos/as por facer que Radio Balea sega funcionando e nos acompañe dende o CEIP Milladoiro nas nosas casas!
Programa Millainforma 2º: Mascotas 4.0
O alumnado de 2º informa dende Radio Balea das súas mascotas familiares ou dos animais que lles gustan.
Parabéns nenos/as e familias, por crear o voso mundo animal e compartilo con NÓS.
Escoitade con atención, pois apoiados na ficha descritiva previa que realizaron enviaron as gravacións feitas dende as súas casas para Radio Balea.
Moitísimas grazas nenos/as e familias polo voso esforzo e colaboración.
Programa Millainforma 6º: Cartas de agradecemento
Este programa xurde para recoller a proposta de tarefa integrada (Lengua, Lingua e Sociais) que propuxo a profe Charo a súa titoría de 6º de E.P.
Unha cartas cheas de agradecementos a todos/as os/as que neste confinamento seguen a dar o mellor deles/as para todos/as NÓS.
Parabéns nenos/as de 6º e titora Charo, un produto final excelente!
Moitísimas grazas nenos/as e familias pola vosa participación.
Escoitade, con atención, as sentidas e fermosas cartas de agradecemento da aula de 6º.
Programa Festexamos: Día da Poesía 2020
Este programa xurde para recoller a proposta que fixemos dende a nosa Biblioteca Escolar polo Día da Poesía 2020.
Grazas nenos/as e familias pola vosa colaboración, unha fermosura de programas!
Nomeamos aos participantes deste podcast, pois non todos/as recordaron presentarse e aproveitamos para animar a quenes aínda non participaron, que o fagan! Editaremos outro podcast para encher a nosa Radio Balea de Poesía, integrando as nosas dúas linguas: galego e castelán.
Recordade presentarvos antes de comezar a recitar e...que medre a poesía dende as nosas casas para o mundo polas ondas de Radio Balea!
Os/as participantes neste programa son:
ESCOITADE CON ATENCIÓN, EMOCIÓNS E SENTIMENTOS EN CADA RENGLÓN!
Segundo programa coas últimas audiopoesías recibidas de: Carlos (1º), Gonzalo (2º) e Leticia (2º)
Animádevos a seguir participando e enviarnos as vosas audiopoesías, ampliaremos este segundo programa e estaremos encantados/as de facer un terceiro.
Grazas nenos/as e familias pola vosa colaboración!
Programa Que me contas? Contos de Leo
Este programa nace para que nos entretamos escoitando contos de Leo, moitos contos...
Anímaste a enviarnos o teu conto? O único que pedimos é que sexa contado, non lido e non olvidedes dicir que libro é, autor/a e editorial.

- Celia, Lola, Damián e Marco García de 1º E.P.
- África, Daniel, Natalia, Mara e Mónica de 2º E.P.
- Lucas de 2º de E.P., Antía de 4º E.P. e os seus pais Ana e Benjamín.
ESCOITADE CON ATENCIÓN, EMOCIÓNS E SENTIMENTOS EN CADA RENGLÓN!
Segundo programa coas últimas audiopoesías recibidas de: Carlos (1º), Gonzalo (2º) e Leticia (2º)
Animádevos a seguir participando e enviarnos as vosas audiopoesías, ampliaremos este segundo programa e estaremos encantados/as de facer un terceiro.
Grazas nenos/as e familias pola vosa colaboración!
Programa Que me contas? Contos de Leo
Este programa nace para que nos entretamos escoitando contos de Leo, moitos contos...
Anímaste a enviarnos o teu conto? O único que pedimos é que sexa contado, non lido e non olvidedes dicir que libro é, autor/a e editorial.
30.4.2020
A profe Susana cóntanos As aventuras de osiño, esperemos que vos guste!
24.4.2020
O profe Óscar cóntanos Elmer, esperemos que vos guste!
15.4.2020
A profe Olga cóntanos Xan de Outeiro, esperemos que vos guste!
A profe Olga cóntanos Os tres bandidos, esperemos que vos guste!
14.4.2020
A profe Sandra cóntanos A cebra Camila, esperemos que vos guste!
A profe Marta cóntanos Os seis barbudos, esperemos que vos guste!
1.4.2020
A profe Susana cóntanos Pilú Pilú!, esperemos que vos guste!
31.3.2020
A profe Fátima cóntanos Crocodilo namorado, esperemos que vos guste!
27.3.2020

A profe Sandra cóntanos O coelliño branco, esperemos que vos guste!
A profe Marta cóntanos Chivos chivóns, esperemos que vos guste!
No hay comentarios:
Publicar un comentario