27.5.09

Competencia informacional

Desde, Salamanca, nas Xornadas de BEs....

Vía Bibliotecadocole recibimos esta presentación sobre a competencia informacional.
Non é nada novo para nós. Levamos anos falando dela e difundindo a súa práctica entre o profesorado, pero gústanos a claridade coa que está exposta. Esperamos que, agora que xa non é unha opción porque debe ser incluída en tódolos programas, abordemos sistemáticamente estas prácticas que tanto enriquecen as nosas aulas.
PRESENTACION PLEI



26.5.09

17ª Jornadas de Bibliotecas Infantiles Juveniles y Escolares





Lecturas en la red y redes en torno a la lectura


Nuevas dinámicas y servicios de los espacios de lectura pública


Salamanca, 28, 29 y 30 de mayo







Alí estaremos a partires do xoves para ver de aprender algo sobre o modo en que as novas tecnoloxías están xa presentes no mundo da lectura e dos nosos alumnos, e mirar de sacarlles un maior e millor partido desde a escola.

Coma sempre, nunha escola directamente conectada coa vida e co mundo real.

Prometemos compartir.

25.5.09

Hemingway en Galicia

A Editorial Galaxia agasállanos, unha vez máis, cunha pequena xoia desas que tanto nos gustan porque, entre outras cousas, sitúannos no mundo.

Fartos/as de ler e escoitar apisodios das andanzas do escritor norteamericano polos sanfermíns e polo frente de guerra, descubrimos (descubro eu, alomenos) a presenza de Hemingway en Galiza e a presenza desta na súa obra.

Para non perderse: a descripción da pesca do atún na ría de Vigo e a valoración que fai o autor dos nosos mariñeiros

Todo un achádego da man do sempre inesquecibel Carlos Casares.

Lese axiña (89 páxinas) e está moi ben documentado.

O enlace ó buscador Google de libros (para botar unha ollada ó texto) e a ficha do libro que non é unha novidade (1999) pero caeu agora nas miñas mans. De paso souben que hai unha reedición feita pola Secreatría Xeral de Comunicación da Xunta de Galicia na Colección Miradas Alleas que contou tamén cunha exposición fotográfica en cuia elaboración participaron o profesor Alonso Montero e o xornalista Carlos L. Reigosa (escoita a entrevista).

Só un pero: non era preciso pórlle papel satinado.

24.5.09

Relatos de pensamento creativo

Éste é o subtítulo de ESFINXE, un libro delicioso que acaba de chegarme ás mans. Trátase dun conxunto de enigmas con todo o aguillón do reto e toda a dozura e o encanto dos materiais feitos con amor e intelixencia.

Tomo palabras de Carlos L. Medrano (o autor) para presentárvolo:

Este libro convídate a coñecer outros enigmas, outros Edipos e outras Esfinxes. Ó longo das súas páxinas irán desfilando detectives, espías, atletas, piratas, esploradores, princesas... e tamén xente común e corriente. De páxina en páxina viaxarás desde o Exipto de Cleopata ó Nova York do crack de 1929, dende a Samarcanda de Tamerlán á vila mariñeira de Portonovo. Algúns destes relatos son vellos clásicos que de seguro xa coñeces; outros, en troques, serán novos para ti e faránche cavilar un pouco.
En calquera caso, como todo aventureiro ou aventureira que se prepara para un desafío, ti tamén debes dispoñer as túas armas e ferramentas. As que máis che axudarán son, sen dúbida, a atención a lóxica, a intuición e a imaxinación.

Hai enigmas fáciles, medios, difíciles, moi difíciles e diabólicos. Vamos, coma para non aburrirse.

Unha pequena xoia editada por tresCtres na súa colección Polipatín que pode ser usada como material de aula... ou como nos pete. Unha caixa de sorpresas que non rematan... nin no apartado das solucións.

23.5.09

..só nos faltou o avión


Velaí a reportaxe (parte dela) da magnífica saída do pasado venres.
Saímos de Malpica ás 7 da mañá (imaxinade a que horas se ergueu o persoal) e regresamos ás 21:30.
Escolares e profes de 4º, 5º e 6º. Case 100 persoas polo mundo adiante nunha viaxe que para moitos e moitas será inesquecibel. A primeira viaxe en tren, a primeira en barco, a primeira vez que saen sen os papás tanta horas... para cada un foi unha experiencia diferente. E para todos e todas EXCELENTE.
Damos por ben empregados todos os esforzos para a orgaización.
E damos, asemade, grazas ós estupendos guías que nos explicaron a Illa e as súas tradicións (cantas lendas marabillosas!). Especialmente a Andrea que, sendo inexperta, fixo un esforzo por expresar se en galego e ¡abofé que o conseguíu!

21.5.09

Proxecto de Investigación en E.I.: OS PEIXES


OS NOSOS PROXECTOS
Educación Infantil

Un día de outono chegou á nosa escola unha carta e con ela empezaron a xurdir moitos interrogantes, entón decidimos comenzar a investigar e a buscar información para entre todos/as mergullarnos nun proxecto de traballo: OS PEIXES.

O traballo por Proxectos baséase nunha concepción constructivista da aprendizaxe, onde a intervención pedagóxica vai encamiñada a promover aprendizaxes significativas dos nenos e nenas dun xeito intencional e reflexivo.

As mestras de Educación Infantil do CEIP Milladoiro pensamos en comezar a traballar deste xeito xa que recolle de modo efectivo os principios educativos nos que cremos.

Este modo de traballar favorece a individualización da ensinanza, porque:
• respecta o ritmo da aprendizaxe,
• axuda a conectar os novos contidos cos coñecementos previos
• e permite aprender dos/cos demais dun xeito lúdico e eficaz.

Coa presentación desta experiencia pretendemos compartir os coñecementos que adquirimos con interese e a ilusión con que levamos a cabo este proxecto ao longo do curso 08/09.

O equipo de profesoras de E.I. Do Ceip. Milladoiro (Malpica)
Maio, 2009

Lambetadas educativas


Nesta sucesión de días cincentos nos que o po non deixa ver o horizonte e mesmo nos atora o naris, agradezo esta nova que me chega da man dun amigo: as lambetadas que estimulan a intelixencia.
Unha aportación xaponesa ¡como non!
Parece ser que saíron ó mercado por primeira vez no ano 1978 e pouco a pouco foron millorándoas ate o resultado de hoxe. Sorprendente.
Non me pronuncio sobre a súa efectividade nin... pero case me dan ganas de encargar varias caixiñas. Por aquelo da serotonina.
E, dicídeme: ¿non son ben son bonitas?
Máis información en Curiosite

18.5.09

Ós nosos escolares uruguaios

A relación entre Malpica e Uruguay é antigua e sólida. Desde mediados do século pasado son moitos os malpicáns que estableceron relacións laborais e familiares entre este e o outro lado do Atlántico. Moitos matrimonios mixtos que deron como resultado unha chea de descendientes, moitos dos cales hoxe viven entre nós.

No pasado día da Paz, para ese caderno de poesía que fixemos colaborativamente con outras bibliotecas escolares de Galicia, os nosos escolares uruguaios recitaron a Benedetti.
Brenda, Bruno, Federico, Agustina e Sebas escolleron para recitar Defensa de la alegría: un poema necesario.

Hoxe o poeta deixounos pero queda con nós a súa obra. Para sempre.

Benedetti era un home bo. Esencialmente. Non hai nada rebuscado na súa obra, non hai que sacar o diccionario para lelo. Explicaba a alma humana con palabras sinxelas poñendo camiño ós sentimentos do lector.

Persoalmente, para min Benedetti evoca os meus anos de estudante en Compostela, que foi cando coñecín a súa obra. E ata hoxe.
Pero Benedetti non só era poeta, tamén era novelista e contista.

Moitos dos seus poemas foron convertidos en cancións por Daniel Viglietti, Luis Pastor, Joan Manuel Serrat, Loquillo, Nacha Guevara, Pablo Milanés...

Varias veces candidato ós premios Cervantes e Nobel hoxe, definitivamente, eses premios quedan sen Benedetti.

Máis referencias nas BEs galegas:

Máis información :


17.5.09

Poesía, poesía, poesía


Velaí tendes unhas imaxes do que foron tódolos nosos recreos a pasada semana: poesía, poesía, poesía... ¡canta fermosura!

Anque houbo algo de todo, os gañadores indiscutibles foron García Teijeiro e Rosalía xa que os seus poemas foron os máis recitados.

Agradecemos a escolares e profesores tanto traballo e dedicación, tanta entrega, tanta marabilla...
O eco dos poemas quedou choutando no aire para que os lembremos sempre.

Caranguexos e mexillóns,
peixiños de cor,
o polbo e a lura,
todos viven no mar
e todos ricos están.
Á hora de pescar
coidadiño hai que ter,
non coller os pequeniños
¡Hai que deixalos medrar!
Este foi o peoma de Infantil de 5 anos, enlazado coa súa investigación sobre os Peixes da que xa vos falaremos máis adiante.

Lingua, cultura,economía...


Primeiriño o NOSO,

e logo:
¡todo a eito!


15.5.09

O galego que non fala...



De Mercedes Peón no disco De seu

O galego que non fala a língua da sua terra
non sabe o que ten de seu
non sabe o que ten de seu
perdidiño polo mundo
sen saber o que xa é meu
perdidiño pola vida rexeita a sua lingua
sabendo que ven de atrás
sabendo que ven de atrás
da nosa xente querida
ainda hoxe falámo-la!f
alámola naturalemente
falamos como a nosa xente
non nos podemos queixar.
O galego que non fala a língua da sua terra
non sabe oque ten de seu
non sabe o que ten de seu
nin é merecente dela,
galego da tua TERRA

14.5.09

Os tempos son chegados

No Portal de Educación da Xunta apareceu esta cabeceira:

Como vedes o tema é de absoluta actualidade.


Dez minutos despois, foi sustituida por esta outra:

Asunto este do tren tamén moi actual. Os galegos aínda hoxe agardamos con expectación máxima que nos chegue o tren, o moderno tren: o AVE . ¿Sería esta a intención da Consellería? ¿Facer unha reivindicación explícita da rápida chegada do AVE a Galicia?
Ou...¿Estamos de novo diante da censura?
Referencias ó feito noutros blogues:
Iniciarte
Trafegando ronseis

13.5.09

Manifesto da RAG



Con motivo do Día das Letras, a RAG fixo público un Manifesto pola Lingua no que os puntos máis destacados son:

1. A lingua galega é unha riqueza, patrimonio común de todos os galegos,

2. Como lingua propia de Galicia, o galego dános identidade no mundo, pero
tamén nos relaciona con outros espazos

3. Ninguén é propietario da lingua.

4. A convivencia, o respecto e a harmonía deben presidir en todo momento as
actuacións que arredor da lingua se desenvolvan

5. A situación lingüística da Galicia de hoxe xa non é unha situación diglósica
típica

6. Para superar esta situación cómpre, entre outras medidas, reforzar a presenza
da lingua galega no ámbito escolar

7.A política lingüística non pode ficar reducida ás aulas.

8.Convidamos aos responsables do novo goberno a que escoiten as institucións
que veñen traballando polo idioma, con información,
metodoloxía e estudos certos, na procura dun acordo social integrador,
a prol do uso, a dignidade e a continuidade do idioma.

Desde aquí saúdamos o manifesto dos académicos e só nos queda esperar que sexa oído con atención por aqueles que teñen a oportunidade e a responsabilidade de plasmalo nas leis.

Razóns


Mirade que cousa bonita atopei na rede. Son os rapaces e rapazas do IES Leiras Pulpeiro de Lugo, explicando as súas razóns para falar na súa lingua. A min gústame especialmente a dunha moza que di:

porque é natural

¿E as túas? ¿Precisas unha razón?

10.5.09

Un día para lembrar

Temos un curso amigo no colexio da Xunqueira en San Valentín (Fene). A través da nosa profesora de Inglés, que foi profe súa o curso pasado, naceu esta relación que foi por carta todo o curso.

E chegou o día de coñecernos.

Custounos traballo acordar unha data e, por fin, foi o pasado xoves.
Viñeron eles acompañados de Pilar, Hipólito e Olga (outra!) dous profes e unha nai.
Foi un día moi lindo: pasamos a mañá no Forno do Forte en Buño e alí comimos. Despois viñémos ó Milladoiro, ensinámoslles todo o cole e pasamos un rato estupendo na biblioteca lendo uns para os outros.
Máis tarde, baixamos á lonxa e presenciamos a subasta. O dito:

Un día para lembrar!

Esperamos poder repetilo o vindeiro curso. Mentres tanto, aí vos quedan unhas cantas esceas do día.

O mes da Lingua

Entramos na semana da Lingua na que o ritmo normal do traballo, xa sabes que se altera un chisco.
Desde hai tempo tes enlazada no blog a páxina que preparamos expresamente cos materiais para traballar a figura de Ramón Piñeiro. Premendo sobre a imaxe tamén podes acceder a ela:



Ademáis, xa sabes que durante tódolos recreos da semana terán lugar na biblio diversos recitais poéticos:


O luns os nenos e nenas do 2º ciclo,
o martes os do 1º ,
o mércores os de EI
e o xoves os do 3º ciclo.


Por último, o venres teremos a Tómbola: xogos populares, puntos e agasallos; actividade que organiza o EDNL e, ademáis, distribuiremos o Dígocho eu! deste ano.

O rap da lingua

Da man do Rato de Biblioteca, un amigo que temos en Mos, recibimos este Rap da Lingua cantado polo grupo Migallas.
Este rap está incluído no espectáculo Canta Connosco.
Deixamos o video para que cantedes a placer e aprendades a letra.

Ala! A rapear!


O RAP DA LINGUA (MIGALLAS)

QUE FALEMOS EN GALEGO
É UNHA COUSA NATURAL,
COMA A CHUVIA NO INVERNO
E A CALOR NO VERÁN.

EN GALEGO! XA! SI! (BIS)

AINDA HAI PAIS QUE NON LLES FALAN
ÓS SEUS FILLOS EN GALEGO
PORQUE PENSAN QUE É UNHA LINGUA
PARA POBRES E "PALETOS".

AOS TEUS PAIS ANIMARÁS
A FALARCHE EN GALEGO,
QUE NON CHE VAN SAÍR GRANS
NIN TAMPOUCO CAE O PELO.

HAI RAPACES E RAPAZAS
QUE Ó IR Ó INSTITUTO
NON QUEREN FALAR GALEGO
PORQUE DIN QUE É MONTUNO.

MAIS SE ALGUÉN CHE FAI TILÍN
E O QUERES NAMORAR
FAILLE AS BEIRAS EN GALEGO,
DE SEGURO LIGARÁS!

HAI RAPACES E RAPAZAS
QUE QUEREN FALAR GALEGO
PERO AÍNDA NON O FALAN
PORQUE DIN QUE TEÑEN ERROS.

ANQUE O FALES TODO O DÍA
NON CHE PODE SENTAR MAL.
NIN DÁ MOCOS, NIN DÁ FEBRE.
FAI A PROBA E XA VERÁS!

FALEMOS A NOSA LINGUA
QUE É UNHA LINGUA MOI MODERNA,
NAS ESCOLAS E NAS CASAS
NAS CIDADES E ALDEAS.

EN GALEGO! XA! SI!
A letra agradecémoslla ó blog amigo de Moaña Bibliotecadocole

6.5.09

Promover o respeto

No disco de Bebe Pafuera telarañas, aparece esta canción que nos encanta. Trátase do Ska de la tierra.
Estabamos preparando algo en torno a ela para o festival de fin de curso cando a semana pasada vimos un vídeo en Mesturas.
Hoxe deixámosvola aquí para que vos vaia soando. E ide practicando que hai que cantala...¡E BAILALA!






(Se pinchas sobre o nome da canción poderás ver a letra)

5.5.09

Naonimia


¿Sabes o que é?
A Naonímia é a disciplina que se ocupa de estudar os nomes das embarcacións.
Si. Por que ós barcos se lle pon ESE nome, e non outro. Que nomes son máis frecuentes. Modas ...
Trátase dun territorio non moi explorado pero moi curioso. De feito, contamos cun libro do profesor Xesús Ferro Ruibal así como cunha publicación de Isabel Acea Méndez. É todo.

Pero vivimos nun porto cheo de barcos, con nome. E queremos saber porque teñen ese e non outro.
¿Non vos pasou esto pola cabeza mil veces?
Será un traballo para o curso que ven pero, de momento, ide pensando...

Encantados de nos ter coñecido

Belén Regueira, presentadora na TVG do Pais dos ananos e na Radio Galega de Extrarradio, recibeu a semana pasada o premio Mestre Mateo á Millor Comunicadora.
No seu discurso... non volo vou contar. Deixarei que a oiades vós mesmos.

É unha custión de compromiso. Nunha noite coma esa, a xornalista podería ter dito calquera outra cousa e ninguén lle tería reprochado nada.Pero escolleu. Escolleu facer ese: un discurso sosegado e reivindicativo, unha defensa valente do idioma, un posicionamento claro e sen complexos...
O dito: encantada de se ter coñecido....COMA GALEGA.

3.5.09

Cadea poética por Benedetti

Os nosos colegas do CPI de Carral infórmannos dunha nova que non nos gusta. Parece ser que Mario Benedetti atópase hospitalizado e cun estado de saúde crítico. Moito nos amola que así sexa pois coñecemos, admiramos e respetamos profundamente non só a súa obra poética senón tamén a inmensidade da súa bonomía.
A proposta que nos fai Pilar del Río, muller de Saramago, é unha cadea poética para honrar a Benedetti, e impulsar a súa curación.
O comunicado Di textualemnte:
"Mario Benedetti está pasando horas malas. Hemos pensado que podíamos ponernos a leer sus poemas por todo el mundo y así ayudarlo en este momento. Un poema, por si no tenéis algún libro suyo a mano. Y por si queréis pasarlo a otros amigos."

Hoxe ímosvos deixar unha canción fermosa onde as haxa, unha canción de amor que enternece...unha canción de amor que é de AMOR.

E tamén a letra para que a copies, a aprendas, a disfrutes...:

Tus manos son mi caricia,
mis acordes cotidianos;
te quiero porque tus manos
trabajan por la justicia.

Si te quiero es porque sos
mi amor, mi cómplice, y todo.
Y en la calle codo a codo
somos mucho más que dos.

Tus ojos son mi conjuro
contra la mala jornada;
te quiero por tu mirada
que mira y siembra futuro.

Tu boca que es tuya y mía,
Tu boca no se equivoca;
te quiero por que tu boca
sabe gritar rebeldía.

Si te quiero es porque sos
mi amor mi cómplice y todo.
Y en la calle codo a codo
somos mucho más que dos.


Y por tu rostro sincero.
Y tu paso vagabundo.
Y tu llanto por el mundo.
Porque sos pueblo te quiero.

Y porque amor no es aurora,
ni cándida moraleja,
y porque somos pareja
que sabe que no está sola.

Te quiero en mi paraíso;
es decir, que en mi país
la gente vive feliz
aunque no tenga permiso
.

Si te quiero es por que sos
mi amor, mi cómplice y todo.
Y en la calle codo a codo
somos mucho más que dos.
(Mario Benedetti)

1.5.09

Fina Casalderrey


O mércores 29 visitounos Fina Casalderrey. Viña ver ós nenos e nenas de 3º e 4º.
Fina. Toda tenrura. Blandiña, cercana, quentiña...Fina, contadora de historias, contaxiosa no entusiasmo. Fina, sorriso constante aínda nos temas menos bonitos. Fina, vital e atrevida coas palabras. Fina, trasniño facendo guiños á picardía. Fina, muller, cun pé na fantasía e outro na realidade. Fina, mestra,pertiño dos corazóns respondendo tódalas preguntas. Fina, humana contando cousiñas da súa propia vida.

Dígovos que as profes e os pequenos disfrutamos. Co corazón.
Ela tamén, anque fóra traballo. Hai traballos que sen fan de boa gana e xente que os fai moi ben.
Aí está Fina.
E, lembrade: Fina Casalderrey . NON Fina Cacadelrey