17.5.09

Poesía, poesía, poesía


Velaí tendes unhas imaxes do que foron tódolos nosos recreos a pasada semana: poesía, poesía, poesía... ¡canta fermosura!

Anque houbo algo de todo, os gañadores indiscutibles foron García Teijeiro e Rosalía xa que os seus poemas foron os máis recitados.

Agradecemos a escolares e profesores tanto traballo e dedicación, tanta entrega, tanta marabilla...
O eco dos poemas quedou choutando no aire para que os lembremos sempre.

Caranguexos e mexillóns,
peixiños de cor,
o polbo e a lura,
todos viven no mar
e todos ricos están.
Á hora de pescar
coidadiño hai que ter,
non coller os pequeniños
¡Hai que deixalos medrar!
Este foi o peoma de Infantil de 5 anos, enlazado coa súa investigación sobre os Peixes da que xa vos falaremos máis adiante.

1 comentario:

Anónimo dixo...

¡Que bo como me gustaría escoitalos!. Eses recreos deberon ser estupendos, as caras díceno todo, que pena que logo se magoe esto, ou tal vez é que non sabemos continuar afondando nesa vitalidade dos primeiros anos.