Imos inaugurar hoxe unha nova sección que tentaremos manter tódalas fins de semana: trataremos de ofrecervos cada semana unha boa nova. Porque se producen tódolos días descubrimentos, sucesos, pasos adiante... que fan que vivamos máis felices. Por que a carón de toda esa sarta de despropósitos que vemos nos telexornais, milleiros de cidadáns en todo o mundo traballamos para avanzar, para vivir nun MUNDO MELLOR.
Pensamos que é necesario pois, cada vez con máis frecuencia e mesmo sen decatarnos, poñemos a mirada só nas cousas negativas de canto vai/nos vai sucedendo. E precisamos manter unha certa dose de optimismo: en nós mesmos e na Humanidade.
Inauguramos hoxe esta sección co estudo levado a cabo pola catedrática de Bioquímica da Universidade de Navarra Natalia López Moratalla e presentado este luns no XL Seminario de Centros Educativos desa universidade.
No seu estudo, a profesora explica o mecanismo cerebral que nos fai rir, concluíndo que a risa é convivencia: "Las personas que nos hacen reír nos hacen felices no tanto porque nos hacen pasar un buen rato, sino porque en el fondo, cuando nos reímos, aunque las cosas estén muy negras, todo se relativiza un poco y eso nos fortalece mucho el cuerpo también"
AQUI un artigo que explica o mecanismo
Conclusión: rir, modifica o noso cerebro, fortalece o carazón e xenera respostas físicas positivas.
Pois... Alá! A rir toda a fin de semana!
biblioteca.milladoiro.malpica
Sempre imaxinei que o Paraíso sería algún tipo de biblioteca. Jorge Luìs Borges
10.2.12
9.2.12
O falcón de mentira
Hai xa días que soupemos deste asunto: a empresa Ecotactical Tecnologies puxo en marcha este sistema de control do andacio de gaivotas no porto de Vigo.
Trátase dun robot con forma de falcón que, controlado desde o chan por un operario, cumple a misión de espantar ás gaivotas que o consideran un dos seus depredadores naturais.
Coñecementos escolare aplicados ó mundo da tecnoloxía e a empresa.
O certo é que a abundancia desas aves estaba a representar xa un moi severo problema para as empresas e traballadores que desenvolven o seu labor nese porto no que cada madrugada móvense miles de toneladas de peixe
O caso é que esta xente son un grupo de mozos que saltaron directamente desde as aulas da Universidade Politécnica de Madrid ó mundo da empresa e aplicaron os seus coñecementos ate patentar un sistema de control de plagas.
Persoalmente paréceme unha empresa con moito futuro pois ofrecen algo moi necesario non só nos portos, tamén nos parques eólicos, nos aeroportos, piscifactorías...
Unha excelente iniciativa!
Etiquetas:
innovación,
TIC
1.2.12
Un remedio
Vímolo na casa de Chispa e... encautounos!
Etiquetas:
animacion à lectura
Por que se chaman Sisargas?
A través de Arqueotoponímia descubrimos a posible procedencia do nome das nosas illas.
Xa o P. Sarmiento, no s. XVII nos propuxera a relación entre Sisarga e César (ver Anuario Brigantino, 1944 na páx. 44) e agora aparécenos un documento na bilbioteca da Universidade de Brown do s. XVI no que a illa é chamada Caesárea.
O topónimo nas suas variantes Cesarga o Sesarga foi usado para nomerar en 1568, polo seu parecido coa Sisarga da costa galega, a unha diminuta illa do arquipélago das Salomón: "no camiño vimos outra illa, á cal, por parecerse á que está xunto a Galicia, o piloto maior [Hernán Gallego] chamou Cesarga".
Bueno... esto da etimoloxía sempre ten algo de especulativo pero... a que é bonito?
Etiquetas:
etimoloxia,
malpica,
Sisargas
30.1.12
Mira o bo que hai en min
Velaí a nosa celebración do Día Escolar da PAZ
Este ano o lema foi... falar ben dos que nos rodean. E así o fixemos.
Pedimos ás familias que nos contasen algo positivo dos seus fillos e fillas e tamén ós nenos e nenas de cada aula que o fixeran dos seus compañeiros.
Os profes tamén o fixemos: coas nosas familias e cos compañeiros.
Unha gozada! Non temos o hábito de decirnos aquelas cousas que nos gustan dos outros... por algunha razón, se temos que dicir algo... non son precisamente as cousas máis positivas. É emocionante ler as opinións que os demáis teñen sobre nós. E moi bonito!
Estes día reparamos que que falar ben sementa a PAZ no noso entorno. A ver se perseveramos!!!
Pola semán tivemos na biblio talleres de papiroflexia con citas literarias e hoxe... CANTAMOS a canción que escoitades.
Feliz Día da PAZ.
Etiquetas:
Día da Paz,
video
27.1.12
Kobiños
No concello lugués de Carballedo ten lugar unha das últimas aplicacións da ciencia (nesta ocasión : a Xenética) á vida diaria e á economía.
O asunto chega da man dun veterinario e gandeiro que decidiu cruzar o boi de Kobe coas excelentes razas de vacas galegas, obtendo así unha carne de magnífica calidade.
Son galegos de pai xaponés.
Agora, e dada a demanda que a carne deste boi ten no mundo, esperamos que os resultados económicos sexan animantes tanto para o pioneiro coma para os que demáis gandeiros que vexan nesta cría unha opción para facer mási viables as súas explotacións. De momento comercialízase baixo pedido a 15€/kg
E logo dirán que non movemos a economía!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)