Amosando publicacións coa etiqueta curso 2021/22. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta curso 2021/22. Amosar todas as publicacións

28.11.22

Premiad@s: VIII Concurso de Traballo por Proxectos

Imaxe CEIP Milladoiro.Malpica

Premer na imaxe para acceder á galería de fotos 

Estamos en hora boa! A aula de 4º de E. Primaria, do curso 2021/22, resultou premiada no VIII Concurso de Traballo por Proxectos.

Na modalidade de Investigación e Tratamento da Información presentaron a Tarefa Integrada desenvolta no último trimestre no Laboratorio Documental: Malpica, a nosa vila, enmarcada dentro do noso Mes das Letras 2022

Na memoria presentada recollen, ademais, os restantes laboratorios de aprendizaxe implementados ao longo do curso 2021/22 en relación co PDI NÓS: patrimonio in-MATERIAL!

Un curso que estivo marcado pola pandemia, con protocolos sanitarios que afectaron á natural socialización escolar; mais puideron seguir divertíndose aprendendo e sendo artífices das súas propias aprendizaxes mediante Tarefas Integradas que abarcaron diversas áreas, entre elas a área de Aprender a Investigar. Área esta que non lles era allea, dado que dende E. Infantil e 1º ciclo de E. Primaria aprenden por descubrimento: sendo, facendo, sabendo e convivindo; e sempre ao abeiro da Biblioteca Escolar-LeoLab: espazos creativos e recursos bibliográficos, dixitais, tecnolóxicos, audiovisuais... para tod@s.

No día de hoxe realizamos a entrega dos diplomas correspondentes e de dous agasallos lúdicos para compartir na aula. Un premio ao traballo feito... con corazón!

Parabéns a tod@s, unha dotación económica para tod@s: educación de calidade no rural.

20.6.22

Rueiro dos retos: SOLUCIÓNS!

Trala proposta, para as aulas ou para realizar en familia, dun xogo de investigación polas rúas de Malpica publicamos as solucións aos distintos retos.

Esperamos que vos gustara tanto como a NÓS!

Algúns grupos divertíronse aprendendo por Malpica:

Animámosvos a seguir aprendendo este verán, en familia, co Rueiro dos retos!

Xornadas de Surf en Malpica

A pasada semana, as aulas de 3º a 6º de Primaria, pecharon o programa "Aprende a través del surfing" na nosa querida praia Area Maior.

O equipo de One Surf Academy guiounos na auga para tomar contacto coas táboas, coas ondas. Asemade, compartimos valores de coidado e respecto ao Medio, creatividade e aprendizaxes de vida.

Unha xornada de fin de programa e de curso que, sen dúbida, non olvidaremos.

Premer na imaxe para acceder á galería de fotos das xornadas


30.5.22

A Xanela do Maxín: Toupiciencia Show

A pasada semana, o alumnado de 4º E.Infantil a 2º de E. Primaria experimentou na biblioteca grazas ao divertido espectáculo, Toupiciencia, da man de Toupiña e o seu axudante Petronio. Un proxecto de dinamización científica EN GALEGO que xa divulgamos no 1º trimestre.

Realizaron experimentos que nos achegaron ao método científico de forma dinámica e facendo maxia, xa que o seu labor é a busca de futur@s científi@s.

Moitas grazas ao Consorcio Editorial Galego pola fantástica experiencia cultural e científica con A Xanela do Maxín.

Foi unha actuación espectacular onde o pasamos xenial e despois de dous cursos de cultura a distancia... chegou o gran día de voltar escoitar as gargalladas d@s nen@s, grazas ao teatro, na nosa Biblio.

Premer na imaxe para acceder á galería
Axenda 2030

7.2.22

XORNADA PORTAS ABERTAS 2022!

Invitamos a todas as novas familias, que para o próximo curso 2022-23 queiran formar parte da comunidade educativa do CEIP Milladoiro, a coñecer as nosas instalacións e a metodoloxía que empregamos os próximos días 21 e 22 de Febreiro, en horario de 15:30 a 18:00 con cita previa para poder organizar as visitas de maneira individual e cumprir así con todas as medidas sanitarias.




Os alumnos e alumnas deste centro tamén quixeron mostrar as diferentes actividades que realizamos no día a día na escola, así que se queredes coñecernos de primeira man podedes enviarnos un correo ao ceip.milladoiro@edu.xunta.gal ou chamarnos por teléfono: 881880736.


Xornada Portas Abertas from bemilladoiro on Vimeo.

22.12.21

Festa de Nadal 2021

Rematamos este trimestre cunha gran festa de Nadal na que puidemos desfrutar do chocolate con churros, organizado pola ANPA do CEIP Milladoiro e tamén da música tradicional, grazas a participación dun grupo de mestras e alumnos/as que foron coordinados pola mestra Susana Álvarez Mato. Esta formación creouse para a festa de Nadal pero tras o gran éxito acadado seguirán amenizando as próximas festas case seguro. Damos as grazas a cada un deles polo seu esforzo e traballo:

- Susana Álvarez (gaita).

- María Mascuñana (pandeireta)

- Daniella Cotelo 5º E.P. (pandeireta)

- Bruno Folla 3º E.P. (bombo)

- Antón Barrul 6º A E.P. (tambor)

- Pablo Varela 6º B E.P. (pandeireta)

A continuación tedes un vídeo resumo da xornada e ao final do mesmo algúns dos bailes que realizaron:

20.12.21

Alfabetización informática: coñecendo Micro:bit

 

Rematamos o 1º trimestre traballando a alfabetización informática a través da programación!

Nos últimos días todo o alumnado, grazas á formación impartida pola mestra Marta (coordinadora do equipo tecnolóxico), achegouse a un novo material xa dispoñible no noso Leolab: a placa Micro:bit.

Durante estas sesións formativas, e en función das idades e capacidades do alumnado, coñecemos  a linguaxe de programación a través da plataforma Makecode (moi parecida a Scracht), e configuramos cada placa con luces leds: mensaxes e música navideña para adornar as árbores de Nadal de cada aula.

O programa que empregamos deixámolo no seguinte enlace, por se algunhas das peticións aos Reis Magos é un kit Micro Bit para seguir aprendendo, creando; pois saímos encantados da sesión.

Programa o teu Micro Bit

Nos seguintes enlaces accederedes á galería de fotos das diferentes sesións:

Un pasiño máis dentro da biblioteca creativa!

ODS 4-Axenda 2030

14.12.21

Entrega de Premios Concello de Malpica 2021


 

No día de hoxe, martes 14 de Decembro, achegáronse á biblioteca do cole o Sr. Alcalde, Eduardo Parga, e a Concelleira de Educación e Cultura, Noelia Freijeiro, para desvelar que foi o escolar premiado no concurso do Nadal do Concello , sendo nesta ocasión:

A aula de 4º de Educación Infantil

Parabéns a todos os nenos e nenas de 3 anos, que con as súas pegadas fixeron esa árbore de Nadal tan fermosa que preside os carteis de actividade do Concello de Malpica. Tamén recibiron un agasallo para a clase e un cartel para cada un deles.




5.10.21

Educando en comunidade: NÓS!

PDI NÓS
Para educar a un niño hace falta la tribu entera
(proverbio africano)

Un curso máis, solicitamos a colaboración de tod@s para seguir educando en comunidade.

O PDI que nos ocupa, NÓS: patrimonio in-MATERIAL!, inicia a súa andaina partindo do que nos é máis próximo: Malpica e Costa da Morte.

O 1º trimestre adicado á oralidade, tradicións e expresións orais, require da recompilación de información entre tod@s.

Queremos facer un chamamento a toda a comunidade para solicitar a necesaria colaboración que enriqueza o noso PDI; tendo sempre en conta que cada aportación, por pequena que sexa, suma e multiplica a información que poidamos obter para transformala en coñecemento.

Seguindo o proxecto recollido no blog do PDI, organizamos os trimestres como segue:

1º trimestre. IDENTIDADE: tradicións e expresión orais. Oralidade, berce da cultura! 

2º trimestre. COEDUCACIÓN: actos festivos e técnicas tradicionais artesanais.

3º trimestre. MEDIO AMBIENTE: patrimonio material (arquitectónico, artístico, histórico e/ou natural)

Agradecemos, por adiantado, a colaboración de toda a comunidade.

Por un curso moi noso, por un curso enriquecéndonos, coñecéndonos!

Imaxe CEIP Milladoiro.Malpica
Axenda 2030

Axenda 2030