1.5.09

Fina Casalderrey


O mércores 29 visitounos Fina Casalderrey. Viña ver ós nenos e nenas de 3º e 4º.
Fina. Toda tenrura. Blandiña, cercana, quentiña...Fina, contadora de historias, contaxiosa no entusiasmo. Fina, sorriso constante aínda nos temas menos bonitos. Fina, vital e atrevida coas palabras. Fina, trasniño facendo guiños á picardía. Fina, muller, cun pé na fantasía e outro na realidade. Fina, mestra,pertiño dos corazóns respondendo tódalas preguntas. Fina, humana contando cousiñas da súa propia vida.

Dígovos que as profes e os pequenos disfrutamos. Co corazón.
Ela tamén, anque fóra traballo. Hai traballos que sen fan de boa gana e xente que os fai moi ben.
Aí está Fina.
E, lembrade: Fina Casalderrey . NON Fina Cacadelrey

2 comentarios:

Ronsel dixo...

Precisar o apelido... iso pásanos aos que temos apelidos complicados. Pero este é boísimo: nunca se me ocorrera!
Saúdos co corazón

olga dixo...

Foi ela mesma quen propuxo ese xogo de palabras ós nenos e nenas nun deses guiños verbais cos que nos deleitou e conseguiu arrincar as nosas gargalladas.
A min tampouco se me tería ocorrido... ¡pero seguro que ós rapaces SI!