14.5.09

Os tempos son chegados

No Portal de Educación da Xunta apareceu esta cabeceira:

Como vedes o tema é de absoluta actualidade.


Dez minutos despois, foi sustituida por esta outra:

Asunto este do tren tamén moi actual. Os galegos aínda hoxe agardamos con expectación máxima que nos chegue o tren, o moderno tren: o AVE . ¿Sería esta a intención da Consellería? ¿Facer unha reivindicación explícita da rápida chegada do AVE a Galicia?
Ou...¿Estamos de novo diante da censura?
Referencias ó feito noutros blogues:
Iniciarte
Trafegando ronseis

3 comentarios:

Ana dixo...

Non dou crédito!! Sorprendeume a elección do texto sobre o tren pero non sabía da censura previa. Grazas por dárnolo a coñecer.
Unha aperta dende Cangas
Ana

Luis dixo...

Pois teremos que volver acostumarnos. Estes sempre o fixeron e non van cambiar agora.
Pobriños!

Antonio Martínez dixo...

Os tempos son chegados...?