Amosando publicacións coa etiqueta violencia de xénero. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta violencia de xénero. Amosar todas as publicacións

25.11.24

Receitas VIO polo 25N

Premer na imaxe para acceder á galería de fotos

Conmemoramos o 25N receitando lecturas de vida: lecturas que educan e conciencian. Unha actividade que iniciamos o pasado curso, dentro do PDI que nos ocupa, e completamos no presente curso: receitas VIO que se complementan experimentando coa luz UV para descubrir palabras a valorar, para reflexionar.

No día de hoxe, grazas á mestra Carmen, de Música e Danza, e ao alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria tod@s escoitamos e cantamos na biblio: "Son Muller" de MBCP; tal e como podedes ver no seguinte vídeo.


Oxalá algún día non teñamos que "conmemorar"/recordar que a violencia de xénero segue a ser unha realidade e que a educación é a mellor ferramenta para loitar por unha igualdade real na que TODAS e todos teñamos os mesmos dereitos e deberes. Nós, aportamos o noso gran de area, curso tras curso, para visibilizar e educar en igualdade.

21.11.16

Recursos para traballar a igualdade de xénero


Día Internacional da eliminación da violencia contra a muller

Recompilación de recursos para traballar dende al aulas a igualdade de xénero. 
(preme na imaxe)

25.11.15

Contra a violencia de xénero: o Concello de Malpica

O Servizo de Igualdade do Concello de Malpica puxo en marcha esta iniciativa na que congrega a diferentes sectores. Concelleiros, redeiras, colexios... reunidos para un obxectivo común: acabar coa violencia contra das mulleres. Este foi o resultado.

25.11.14

O maltrato, nin en pintura

Desde a biblioteca do IES Lucus Augusti (Lugo) achégannos esta presentación sobre a violencia contra as mulleres reflexada nas obras de arte. Un problema sobre o que hoxe escoitaredes moitos datos nos informativos: unha realidade que debería avergoñar á sociedade que o permite. Na nosa biblioteca fixemos unha selección de textos para seren lidos nas aulas estes días.

26.11.12

Os dous gatiños


Outro conto sobre o tema da violencia de xénero e a desigualdade que nos chega, esta ve, do CEIP Andrade (Pontedeume)
Unha historia escrita por Susana Arias.

25.11.11

A cincenta que non queria comer perdices

No Día Mundial contra a Violencia de xénero, deixamosvos esta nova versión do famoso conto.
E o enlace ó estudo que veñen de presentar desde o Ministerio de Igualdade sobre o que pensan do tema os adolescentes españois. Queda moito por andar!

25.11.09

Contra a violencia de xénero... desde pequenos


As Bibliotecas Escolares de Galicia, un ano máis, promovemos e secundamos iniciativas encol deste problema que é real e salpica cada vez a mulleres máis novas. De aí o compromiso ineludibel da escola.

Lecturas contra a violencia de xénero: Esa é a nosa proposta.
A Escola Unitaria de Vide facilítanos este enlace no que toparedes unha chea de recursos para abordar o tema.
No Ceip de Pazos, en Biblioandrade ... hai máis información e máis recursos.

É un asunto de todos/as
E no blog da biblioteca do IES Sánche Cantón está presentación que destila tanto amor para tanta dor.




E, de agasallo, este contiño que fixeron en Biblioandrade, que, se queres ver en forma de libro,xa sabes: preme AQUÍ





Mixbook - Create Beautiful Photo Books and Scrapbooks! View Sample


Mixbook - Create Beautiful Photo Books and Scrapbooks! View Sample Photo Books Create your own Photo Book


Dispoñíame a escribirvos a historia de por qué se conmemora o Día da violencia contra as mulleres precisamente nesta data, cando o vin xa publicado no blog da biblioteca do IES Moncho Valcárcel así que, directamente´póñovos o enlace e xa o ledes alí.
Unha vez máis, as Biblioteca Escolares Galegas, traballando colaborativamente.
Grazas a todos e todas.
En Trafegando Ronseis tendes unha amplísima recompilación de lecturas, películas, música...que seguro son moi útiles.

28.11.08

Mulleres invisibles



Vía Mesturas, o magnífico blog do IES Sánchez Cantón de Pontevedra, atopamos esta preciosa canción de mulleres congoleñas. Un canto á esperanza, porque na dor, na guerra,no fondo dos problemas... a victoria é de quen deixa un lugar para a esperanza.

24.11.08

In memoriam

El morreu hai trinta anos. A ela enterrárona estes días: morreu de vella.
El era un home sociable e ben relacionado. Ela non poñía o pé fóra de cen metros arredor da casa.
El baixaba á vila tódolos días. Ela non ía nin ós enterros.
El era violento e agresivo e mallaba nela día si e día tamén. Ela era traballadora, simpática e dulce.
El levantaba a man e o que lle cadrara. Ela sempre levaba caramelos no peto cos que convidaba ós nenos que lle pasaban pola porta.
El viviu protexido por un muro de silencio. Ela viviu presa tras do mesmo muro.
A morte del só a liberou das tundas.O muro caeu o día do enterro. Dela

Novembro de 2008

Vía O Segrel do Penedo
presentamos este vídeo.
Para que os nenos e nenas a quenes estamos a educar, non levanten muros de silencio... nin os deixen levantar.

23.11.08

Día mundial da non violencia contra das mulleres

Un ano máis témola necesidade de adicar un día a esta tremenda lacra, a este terrible drama que acompaña a moitas mulleres e lles rouba os días da súa vida enchendo todo de medo.
En días sucesivos iremos achegando os traballos colaborativos que fixeron as Bibliotecas Escolares de Galicia. Simultáneamente, moitos blogs galegos publicaremos idénticos documentos.
Estes de hoxe falan das mulleres afganas.
Vía Mesturas ofrecémos estas videos: