13.5.09

Manifesto da RAG



Con motivo do Día das Letras, a RAG fixo público un Manifesto pola Lingua no que os puntos máis destacados son:

1. A lingua galega é unha riqueza, patrimonio común de todos os galegos,

2. Como lingua propia de Galicia, o galego dános identidade no mundo, pero
tamén nos relaciona con outros espazos

3. Ninguén é propietario da lingua.

4. A convivencia, o respecto e a harmonía deben presidir en todo momento as
actuacións que arredor da lingua se desenvolvan

5. A situación lingüística da Galicia de hoxe xa non é unha situación diglósica
típica

6. Para superar esta situación cómpre, entre outras medidas, reforzar a presenza
da lingua galega no ámbito escolar

7.A política lingüística non pode ficar reducida ás aulas.

8.Convidamos aos responsables do novo goberno a que escoiten as institucións
que veñen traballando polo idioma, con información,
metodoloxía e estudos certos, na procura dun acordo social integrador,
a prol do uso, a dignidade e a continuidade do idioma.

Desde aquí saúdamos o manifesto dos académicos e só nos queda esperar que sexa oído con atención por aqueles que teñen a oportunidade e a responsabilidade de plasmalo nas leis.

Ningún comentario: