Amosando publicacións coa etiqueta VIII concurso traballo por proxectos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta VIII concurso traballo por proxectos. Amosar todas as publicacións

23.3.23

"Galicia" por Rakele Cavallo

Galicia por Rakele Cavallo

Premer na imaxe para acceder á galería de fotos

A poucos días de pechar o 2º trimestre presentamos un novo mural. Os premios traen cousas boas a nosa pequena escola, pública e rural. Investimos o orzamento do premio do VIII Concurso de Traballos por Proxectos ademais de en cultura audiovisual, asistindo ao cine en Nadal, en cultura artística.

Desde o pasado curso temos como obxectivo eliminar o feísmo das paredes grises do cole, por iso encargamos a Rakele Cavallo un mural que, en relación co noso PDI, titulamos "Galicia".

Un fermoso traballo o de Rakele e o do alumnado de 2º de Primaria que a consideraron galega imprescindible en relación co 8M, realizándolle unha entrevista en Radio Balea.

Imaxe da conta de instragram de Rakele Cavallo

Leo posa orgullosa a carón do mapa de Galicia, mapa que nos acompañará de camiño ás aulas ou ao patio de recreo: identidade cultural, arte da man de Rakele Cavallo.


28.11.22

Premiad@s: VIII Concurso de Traballo por Proxectos

Imaxe CEIP Milladoiro.Malpica

Premer na imaxe para acceder á galería de fotos 

Estamos en hora boa! A aula de 4º de E. Primaria, do curso 2021/22, resultou premiada no VIII Concurso de Traballo por Proxectos.

Na modalidade de Investigación e Tratamento da Información presentaron a Tarefa Integrada desenvolta no último trimestre no Laboratorio Documental: Malpica, a nosa vila, enmarcada dentro do noso Mes das Letras 2022

Na memoria presentada recollen, ademais, os restantes laboratorios de aprendizaxe implementados ao longo do curso 2021/22 en relación co PDI NÓS: patrimonio in-MATERIAL!

Un curso que estivo marcado pola pandemia, con protocolos sanitarios que afectaron á natural socialización escolar; mais puideron seguir divertíndose aprendendo e sendo artífices das súas propias aprendizaxes mediante Tarefas Integradas que abarcaron diversas áreas, entre elas a área de Aprender a Investigar. Área esta que non lles era allea, dado que dende E. Infantil e 1º ciclo de E. Primaria aprenden por descubrimento: sendo, facendo, sabendo e convivindo; e sempre ao abeiro da Biblioteca Escolar-LeoLab: espazos creativos e recursos bibliográficos, dixitais, tecnolóxicos, audiovisuais... para tod@s.

No día de hoxe realizamos a entrega dos diplomas correspondentes e de dous agasallos lúdicos para compartir na aula. Un premio ao traballo feito... con corazón!

Parabéns a tod@s, unha dotación económica para tod@s: educación de calidade no rural.