Amosando publicacións coa etiqueta leolab. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta leolab. Amosar todas as publicacións

23.5.23

Biblioteca creativa: a imprenta tipográfica ambulante

Premer na imaxe para acceder á galería de fotos

Como actividade de peche do Mes das Letras e dentro da formación de Biblioteca Creativa, ademais da celebración do Festival, organizamos unha sesión moi especial coa imprenta tipográfica ambulante

Durante dúas xornadas, da man de Cris Ultre e Jean-Ba, todo o alumnado foi visitando o LeoLab para coñecer algunhas formas de impresión moi distintas das que se utilizan na actualidade, marabillándose de poder estampar palabras cunha prensa de máis de 100 anos.

En cada unha das sesións imprimíronse os nomes de homes e mulleres ilustres da nosa cultura, escoitando as ideas dos nenos e nenas que propuxeron os que xa coñecían: Rosalía de Castro, Cabanillas, Castelao, Xela Arias, Francisco Fernández del Riego, Eduardo Pondal, Andrea Maceiras...

Con todas as impresións Cris e Jean -Ba crearán un mural, un encrucillado, que vos amosaremos tan pronto como estea rematado.

A pesares de que a actividade estaba programada para facer no exterior, e non puido ser polo vento, foi moi interesante coñecer técnicas antigas de impresión, letras de madeira, centenarias, e poder crear entre todo o cole un mural conxunto.

Agredecemos a Alouette Machine o seu bo facer e á Asesoría de Bibliotecas agradecemos que nos facilite, dentro do programa Biblioteca Creativa, obradoiros tan enriquecedores como este.


9.3.20

Muller e Ciencia: Isabel Zendal Gómez (1º e 2º)

Esta semana conmemoramos a Semana da Muller 2020 viculándoa coa Ciencia.
Por iso seguindo o noso proxecto reproducimos a biografía de Isabel Zendal no Laboratorio de Imaxe empregando a técnica croma e reutilizando os nosos disfraces de Entroido.
E velaquí o resultado que presentaremos o vindeiro xoves 12 na nosa biblioteca aos nosos compañeiros e compañeiras despois de que cantemos a canción "Isabel Zendal" dos Lunnis.
A disfrutar da primicia e esperemos que vos guste!

6.3.20

Laboratorios: iniciando a 6º quenda


O mércores pasdo iniciamos a sexta quenda dos nosos Laboratorios de aprendizaxe.
Velaí algunhas imaxes.

28.2.20

Quinto Laboratorio de Son (Radio Balea)

Recibimos ao quinto e último grupo de alumnado no Laboratorio de Son.
Este mes de febreiro estreamos novo programa: Que me contas?, adicado á literatura infantil e a todo aquelo que lle anda darredor.
A sección titulámola "A diversidade enriquécenos", dando continuidade ao programa emitido en xaneiro (Vacinas pola Paz) e festexando o Día Mundial da Radio adicado á diversidade.
Parabéns a todo o alumnado polo gran traballo realizado!
Picando no seguinte enlace poderedes acceder ás fotos deste laboratorio:

Quinto Laboratorio de Son 



E agora a escoitar o programa, esperemos que vos guste!

31.1.20

Cuarto Laboratorio de Son (Radio Balea)

Iniciamos o segundo trimestre con novos grupos de alumnado e novo programa.
Como este trimestre, seguindo o noso PDI, está adicado á ciencia e no mes de xaneiro conmemoramos a Semana da Paz elaboramos guións, locutamos e editamos o programa Festexamos: Vacinas pola Paz.
Importante mensaxe a que nos transmite o alumnado: PRACTICA A PAZ!
Picando no seguinte enlace poderedes acceder á galería de imaxes deste cuarto laboratorio:

Agora a escoitar o programa!

21.12.19

Laboratorio de Son 1º trimestre (Radio Balea)

Finalizado o 1º trimestre, queremos facer unha pequena reflexión dende o Laboratorio de Son do Leolab.
Os grupos de alumnado que pasaron por Radio Balea guionizaron, locutaron e emitiron 3 programas da nosa propia parrilla, sempre con motivación e moita ilusión por aprender pois  non estivemos exentos de problemas técnicos varios.
Queremos agradecer a colaboración de toda a comunidade educativa (alumnado, familias e profesorado), así como de Paco Nogueiras que nos concedeu unha entrevista como broche final de trimestre.
No 2020 seguiremos emitindo, con novos grupos e novos programas!
Para rematar este 2019 que mellor que escoitar os 3 programas emitidos e a entrevista a Paco Nogueiras!

Bo Nadal e Feliz Aninovo 2020!


20.12.19

Terceiro Laboratorio de Son (Radio Balea)

Dende finais de novembro e este curto mes de decembro o grupo 1 estreou un novo programa: Musicadoiro.
A sección que iniciou esta estrea foi "Bulimos nas ondas" adicada á música infantil galega e, especialmente, a Paco Nogueiras.
Temos que felicitar pola súa motivación e paciencia, de entre os tres grupos que este primeiro trimestre pasaron polo laboratorio de son, a este último grupo; xa que tivemos problemas técnicos varios en Radio Balea que nos impedían gravar no estudo, polo que os máis pequenos usamos as gravadoras para emitir o indicativo da nosa radio, as cuñas e as ráfagas emitidas; namentras os maiores tentaban locutar o programa.
Finalmente, Musicadorio: Bulimos nas ondas puido emitirse no día de hoxe como presentación do concerto que Paco Nogueiras nos ofreceu.
Deixámosvos o programa completo e as fotos que puidemos facer (picando na imaxe accederedes ao álbum de fotos)



https://photos.app.goo.gl/wJqsPvYiRwoUJP9Q9

17.12.19

OBRADOIRO E-Téxtiles

A Asesoría de Bibliotecas Escolares concedeu a todos os centros que participamos no Plan LIA2, unha sesión de formación para o alumnado dentro da Biblioteca Creativa.



Entre os obradoiros ofrecidos, todos moi interesantes, nós escollemos E-Téxtiles, que consiste na creación de circuítos en papel e en téxtiles.









O venres pasado fixemos este obradoiro da man de Paola Guimeráns , unha das maiores expertas neste campo, e organizouse en tres sesións para distintos grupos:





- Makey makey: o alumnado de 2º de primaria utilizou o makey makey para facer un xogo en Scratch. Paola contoulles unha historia sobre un lobo, e uns animaliños escondidos na granxa ós que tiñan que ir descubrindo. Para poder escoitar e recoñecer a cada animal utilizouse o makey makey e circuítos con adhesivo de cobre.



                                 FOTOS



- Circuítos e papel: o alumnado de 4º de primaria realizou unha postal de Nadal, para iso construíron un circuíto sobre papel utilizando adhesivo de cobre, unha batería e luces leds. As postais quedaron moi bonitas e foi increíble a forma en que aprendían a base de facer e de errar, e ver como entre eles axudábanse para que todos os circuítos funcionaran.



                                 FOTOS





- Circuítos e téxtiles: na última sesión de formación , o alumnado de 5º de primaria creou un adorno para árbore de Nadal. Utilizaron un trociño de fieltro no que construíron un circuíto utilizando fío conductor para coser, e engadiron luces leds e adornos. Todos utilizaron a agulla perfectamente, axudáronse mutuamente  e a base de aprender facendo e colaborando, todos conseguiron levar a súa obra para casa con moita emoción.



                                 FOTOS



Nas tres sesións destacou a colaboración entre o alumando, que tivo un papel moi activo, e a alegría de construir algo verdaderamente significativo para eles.





Foi un enorme pracer ter a Paola Guimeráns no noso centro. Moitísimas grazas por todo!!!!

4.12.19

LABORATORIO DE IMAXE: 2º GRUPO ( INFANTIL E 1º CICLO DE PRIMARIA)

Xa finalizamos as tarefas co segundo grupo de infantil e 1º ciclo de primaria, e foi unha experiencia moi divertida e dinámica , aprendendo en colaboración cos compañeiros/as para chegar a un fin común.

As actividades realizadas xiraron ó redor dun tema concreto: O rescate da Serea Leo, un xogo de pistas ou escapismo. A dinámica nas sesións foi a seguinte:



- 1º sesión: falamos sobre o que é un xogo de escapismo e como funciona, despois de saber o que é, descubrimos que temos que rescatar a Leo, pero primeiro manipulamos candados de chaves e de números, lanternas de luz UV,  utilizamos a mesa de luz,  e usamos a Tablet para atopar imaxes de Realidade Aumentada agochadas na clase, non sen antes identificar o icono da aplicación.



- 2º sesión: visualizamos a mensaxe que deixa a Serea Leo e os piratas malvados. Dividimos a clase en dous grupos mixtos, uns fan o xogo con Ana nunha clase do 2º andar e outros fanno comigo, Marta, na aula de apoio de infantil; xa que para facer un xogo de este tipo é necesario grupos pequenos. Fixemos o xogo, todos atopamos á Serea Leo, e intercambiamos opinións sobre a experiencia. A partir da experiencia co grupo anterior, decidimos facer cambios e poñer as pistas máis complicadas, xa que para os máis maiores foi demasiado sinxelo, pero esta vez costou máis darlle sentido ás pistas que atopamos.









ESCAPISMO





FOTOS



- 3º sesión: facemos unha asemblea sobre o que máis lles gustou, se cambiarían algo... despois fixemos un traballo de mesa no que tiñan que debuxar e escribir o que máis lles gustou e os materiais/elementos utilizados ( candados, lanternas, chaves, caixas, mesa de luz...) Mentres uns traballaban (os maiores axudaron ós máis pequenos), outros gravaban no chroma a súa opinión sobre a actividade.








29.11.19

Segundo Laboratorio de Son (Radio Balea)

Un novo grupo, un novo programa da nosa propia parrilla!
Recibimos ao grupo 2 para guionizar, locutar e producir dentro do programa "MillaInforma" a sección "Xogos de onte, hoxe e mañá".
Esta sección foi o punto de partida para pór en funcionamento, coordinado polo mestre Óscar dende as súas sesións de E.F. e nos recreos, os xogos tradicionais: corda, goma, chapas, buxainas, mariolas...
Un programa con gran número de colaboracións: familias (alumnado de 2º), compañeiros/as (entrevistas no patio de recreo) e mestre/a (Óscar mestre de E.F., que aportou a reflexión final do programa e Susana, mestra de 1º,  que colaborou nas ráfagas co son da súa gaita) os cales enriqueceron o traballo feito por este grupo.
Grazas a todos/as pola vosa participación!

Picando na primeira imaxe accederedes ao álbum de fotos deste segundo laboratorio.















Convidámosvos a escoitar o podcast final!

29.10.19

Primeiro Laboratorio de Son (Radio Balea)

O primeiro laboratorio de son rematou, este mes de outubro, emitindo ao longo desta semana (no recreo e nas Lecturas Terroríficas) o primeiro programa da nosa propia parrilla de programas.

O programa "Festexamos" recolle a sección "Samaín 2019", o cal emite 3 lecturas terroríficas entre introducións, cuñas, ráfagas, despedida e sintonía da nosa Radio Balea (en proceso temos a creación do indicativo/jingle da nosa radio)

Picando na primeira foto accederedes ao álbum de fotos deste primeiro laboratorio.

O alumnado de E.I., 1º e 2º de E.P., ademais de reproducir a lectura "A casa da miña avoa", foi creador de cuñas e ráfagas estremecedoras. Como práctica, antes de gravar no estudo de radio, as gravadoras foron un recurso que lles encantou; traballando a escoita, o silencio, a entoación...





O alumnado de 3º a 6º de E.P. foron os encargados de guionizar a emisión do programa, locutar o mesmo e reproducir dúas lecturas: "A figueira de Pelostortos" e "Os tres bandidos".





Só nos queda felicitalos polo gran traballo realizado!

A continuación podedes ver a presentación que empregamos para iniciar aos máis pequenos nos medios de comunicación, entre eles a radio (Radio Balea); así como coñecer a comunicación e os seus elementos. O mesmo que fixeron os maiores, os cales profundizaron máis tratando: a historia da radio, a comunicación, a nosa radio Balea...


Convidámosvos a escoitar o podcast do programa "Festexamos: Samaín 2019" de Radio Balea.


9.10.19

Laboratorios en marcha!

Hoxe zarpou a que será a nosa experiencia estrela neste curso: os laboratorios de aprendizaxe Leolab.

Despois do recreo todos e todas sabíamos a onde tiñamos que ir. Todo o alumnado estaba distribuido en 12 laboratorios (7 de 3º a 6º de E.P. e 5 de E.I., 1º e 2º de E.P.) e cada un deles dirixido por un/ha mestre/a.

Xa vos iremos dando conta deles pero, polo que hoxe nos transmitiu o alumnado, todo un éxito.
Na primeira imaxe, un dos laboratorios de ideas, no cal se imparte cociña en inglés.
Premendo nos seguintes enlaces accederedes a diferentes imaxes do día:



11.6.19

Making off do video

Con motivo da nosa inclusión no PLAN LIA-2, a Consellería de Educación rodou no noso centro un video que recolle toda a nova dotación da que xa dispoñemos a partir do presente curso.
O día acordado foi onte. E nós aproveitamos para recoller algunhas imaxes de como se fixo.

Ofrecémosvolas coma unha primicia mentres agardamos polo video oficial.

Aproveitamos para agardecer a colaboración de toda a comunidade educativa cuxo inestimable traballo permitiu canto vedes.

24.4.19

A nova biblioteca

Velaí a presentación en sociedade das nosas novas instalacións. Desde hoxe mesmo xa están a disposición de todo o alumnado, que tanto botou en falta a súa biblioteca! Algunhas seccións iemos usandoas paulatinamente, segundo vaiamos poñendo en marcha a súa organización. Foi un traballo árduo para todos, pero asegúrovos que non nos poderiamos sentir máis orgullosos. E agora... a seguir... Estamos no camiño:

12.4.19

Inauguramos a bilioteca do s.XXI: Leolab


Hoxe inauguramos as novas instalacións da nosa biblioteca escolar, un equipamento dentro da segunda fase do PLAN LIA Este evento tan importante para esta comunidade educativa compartímolo onte con tódalas familias e os seus fillos e fillas e hoxe con: O Sr. Inspector, os Srs. Asesores de Bibliotecas Escolares, o Sr. Alcalde, os membros do Consello escolar, as nais que forman a Xunta Directiva da ANPA, os empresarios que fixeron a obra nova, os padriños do noso laboratorio de cociña que xa inauguraramos hai dous anos, os directores dos coles do concello e un grupo de escolares de 6º. Foi unha xornada especialísima para nós da que só vos deixamos unha imaxe pero prometemos reportaxe completa. Grazas a tod@s cantos fixeron posible este equipamento que coloca a educación de Malpica no s.XXI!

A nosa escola é do s.XXI

Coas novas instalacións que hoxe inauguramos da nosa Biblioteca Escolar estamos de cheo no s.XXI, preparados para formar eses cidadáns preparados para aprender durante toda a súa vida, cidadáns competentes. Sentímonos orgullosos de traer ao ensino rural recursos que só poden chegar da man da educación pública e de profesionais comprometidos. O desenvolvemento do rural está en xogo. Velaí a nosa contribución a evitalo.

30.4.18

Venres robótico

O venres estreamos un novo material do Leolab, un xogo de construcción de pezas con tornillos moi intuitivo, e aprendemos a facer códigos Qr, neste caso, para utilizar nos muráis do mar do corredor.


Estes códigos Qr nos levan a ver vídeos dos animais mariños reais no seu hábitat!!!