Amosando publicacións coa etiqueta homenaxe. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta homenaxe. Amosar todas as publicacións

5.12.23

Exposición de Nadal 2023

Exposición de Nadal 2023

Premer na imaxe para acceder á galería de fotos

Un ano máis, chegan as luces e os agasallos de Nadal: chegan os libros!

Os libros brillan con luz propia para emocionar, para saber, para ler en viñetas... para tod@s!

A nosa humilde homenaxe a O Hematocrítico, falecido o pasado 27 de novembro, que tanta luz nos deixa coa súa obra e parte da cal quixemos destacar na zona colgante da exposición. O noso máis sentido pésame para os seus seres queridos. O Hematocrítico sigue vivo en cada un dos seus libros e só nos queda dicir o que recolleu Ruth Caramés na súa viñeta do diario Nós:

GRAZAS!

Exposición de Nadal 2023

A guía de Nadal 2023, que xa está na imprenta e en formato dixital nunha próxima publicación, será entregada o último día lectivo para que poidades pedir os vosos regalos en forma de libro, para iluminar o voso Nadal e... todos os días do ano!

13.9.11

As Bibliotecas Escolares Galegas despedimos a Mª Dolores



Comezamos o curso con tristeza.

Temos que despedir á compañeira Mª Dolores Martínez Tobío, docente no IES Luis Seoane de Pontevedra e responsable da biblioteca escolar do centro. Hai só uns meses que Mª Dolores púxonos a Salvar Libros por centros de toda Galicia. Salvar os libros que pagan a pena, as linguas nas que se escriben eses libros, as bibliotecas nas que se gardan... a memoria dunha mestra que día a día traballou a favor da cultura e a educación.
Este é un documento colaborativo como tantos outros nos que Mª Dolores adoitaba participar co seu habitual entusiasmo. Desgraciadamente convocounos hoxe a súa despedida e pensamos nesta pequena homenaxe que xorde da mesma rede que ela axudou a tecer. Canto tempo e ilusión dedicados a Biblioiris, a súa bitácora vinculada á biblioteca escolar do instituto!  Por iso os nosos blogs lamentan hoxe a súa ausencia. Por iso esta entrada será publicada por moitos outros centros, ademais dos que aquí figuran. Esperamos que este documento saiba representar tamén a tantas persoas que, desde a rede PLAMBE das bibliotecas escolares galegas, desexan expresar o seu pesar e as súas condolencias á familia e amigos da nosa compañeira. Son tantos os centros que a súa relación excede as dimensións deste documento.
Grazas Mª Dolores polas palabras, polas reflexións, polas propostas, polo tempo, polo que fixemos xuntos e que permitirá seguir camiñando pola ruta das bibliotecas escolares.

Cristina Novoa
Pilar Sampedro
Asesoría Bibliotecas Escolares

posanollocurtiscambre 
jdoloresj
 teisolgamuxiavictorsaenztaragonacatoiraquintelatrafgegandoImaxe das ligazóns: Rapaza lendo. Gustav Adolf Hennig 
 

8.9.09

Manuel María


Hoxe é o cabodano de Manuel María.
Na escola: o poeta das cancións. Non sei se haberá outro poeta máis musicado que el.
Gústannos especialemente Os soños na gaiola que tan ben arroupados de música foron por Susos Vaamonde.
Pero tamén nos gusta a súa poesía para adultos, a súa obra narrativa e... ¡o seu teatro! con esa Espiña de toxo que aínda nos segue a emocionar e que é tan actual.
Grazas, Manuel, por tanta beleza que non morrerá.