Belén Regueira, presentadora na TVG do Pais dos ananos e na Radio Galega de Extrarradio, recibeu a semana pasada o premio Mestre Mateo á Millor Comunicadora.
No seu discurso... non volo vou contar. Deixarei que a oiades vós mesmos.
É unha custión de compromiso. Nunha noite coma esa, a xornalista podería ter dito calquera outra cousa e ninguén lle tería reprochado nada.Pero escolleu. Escolleu facer ese: un discurso sosegado e reivindicativo, unha defensa valente do idioma, un posicionamento claro e sen complexos...
O dito: encantada de se ter coñecido....COMA GALEGA.
1 comentario:
A min saltáronseme as bágoas cando escoitei, en directo, o discurso de Belén. Ao día seguinte fun correndo a buscala en youtube, pero non a vin. Agradézoche a túa entrada, porque agora mesmo vouna colgar no noso blog. Que gusto da escoitar o que di!
Publicar un comentario