Amosando publicacións coa etiqueta primaria. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta primaria. Amosar todas as publicacións

20.5.26

CAMPIONATOS DE XOGOS DE MESA

CAMPIONATOS DE XOGOS DE MESA

   Un ano máis, algúns alumnos e alumnas do cole participan durante todo o curso nos campionatos de xogos de mesa, disputados nos recreos, onde se mesturan alumnado de toda a primaria en dúas categorías: 1º , 2º e 3º de primaria e por outra banda 4ºº,5º e 6º. Os nenos e nenas pásano pipa e descubren outras opcións para facer no seu tempo de lecer.

Podedes ver algunhas das nosas partidas pinchando na seguinte imaxe.

15.5.26

Malpica nun mar de letras: Chaves invisibles

 

No día de hoxe, o alumnado de primaria asistiu, no Centro Cívico e Cultural de Malpica, a unha actividade ofertada polo Concello dentro da súa programación Malpica nun mar de letras.

O espectáculo Chaves invisibles é unha homenaxe a Begoña Caamaño, que da man de Vero Rilo e Luís Iglesias convida e entrar no universo literario, mediante a música en directo, da homenaxeada polo Día das Letras Galegas 2026.

Agradecid@s ao Concello por achegarnos, un curso máis, cultura na nosa lingua.

7.4.22

Proxecto Terra: Inspectores Urbanísticos!

Proxecto Terra

No día de hoxe, a través do Proxecto Terra, o alumnado de 6º de Infantil, 1º, 2º e 3º de Primaria convertéronse en Inspectores Urbanísticos grazas a actividade desenvolta pola Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU). 

En cada sesión trataron as características da nosa paisaxe, os elementos naturais e humanizados, e como, en moitas ocasións, as persoas estragamos o entorno con construcións ilegais.

 “Coida do territorio. Coida do teu”


29.11.16

VENRES ROBÓTICOS

Dende Outubro na Biblioteca Escolar , dedicamos os venres na hora do recreo de primaria á robótica.
Os voluntarios de 5º e 6º de primaria estiveron os  VENRES ROBÓTICOS construíndo e montando escornabots, pasámolo en grande!!! Agora xa podemos dedicar os venres robóticos a xogar con eles!!!!