Amosando publicacións coa etiqueta recursos en galego. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta recursos en galego. Amosar todas as publicacións

12.11.25

Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas 2025

Premer na imaxe para acceder ao recurso creativo

Presentamos o recurso creativo deseñado polo equipo de BE-DL para conmemorar o Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas.

Un recurso a disposición de toda a comunidade na nosa aula taller e que ten como obxectivo a búsqueda de información para programar o robot educativo elexido e chegar a casa correspondente do taboleiro robótico.

Un recurso para todo o curso escolar, conmemorando o Mes da Ciencia, o Día da Muller, dando tratamento á igualdade de xénero, a dinamización da nosa lingua e ao acceso á información, entre outros contidos.

Ao tempo, achegamos enlace a outros recursos dispoñibles no blog da Asesoría BEGA en relación coa conmemoración:

Por unha ciencia en galego e en igualdade... todos os días do ano!

26.11.20

Leo le...CIENCIA EN GALEGO!

 

Ao longo do mes de novembro estamos a implemetar o Laboratorio Experimental atendendo ao método científico e ao uso de exemplares en galego da nosa Biblioteca, algúns dos cales conforman a exposición das imaxes, Leo le...CIENCIA EN GALEGO!, conmemorando o mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas.

Picando na primeira imaxe accederedes ao álbum de fotos da exposición.

Asemade, achegamos os recursos promovidos pola Asesoría de BE: 

Seguimos experimentando, comunicando...en galego!

6.2.15

RECURSOS ENTROIDO 2015

Acabamos de actualizar a nosa páxina de recursos para traballar o entroido. Nela atoparedes de todo: desde plantillas para facer caretas, ata a receita das filloas.

E de novo, a Coordenadora de ENL pon a disposición de todxs máis recursos educativos para estas datas.

FELIZ ENTROIDO!!!

7.6.12

ogalego.eu

Vimos de descubrir esta web de Lingua. Feita polos profesores Anxo González Guerra e Vitoria Ogando Valcárcel , contén abundante material para traballar a Lingua, tanto como materia como na súa vertente de lecer. Cantigas, léxico específico, encrucillados... Parécenos moi completa e...¡segue medrando! Parabéns aos seus creadores.

8.12.09

Recursos en Galego

Excelente páxina de Xosé Antón Vicente Rodríguez que recolle un feixe de recursos, aplicacións... e ferramentas en xeral para elaborar materiais para a aula. A característica é que son en galego.
Pois para non ter que andar atrás deles cada vez que precisemos ún...¡aí van todos xuntiños!
Grazas ó IES Auga da Laxe de Gondomar, que nos achegou a información.