Amosando publicacións coa etiqueta Pintura. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Pintura. Amosar todas as publicacións

9.6.17

Emocionarte

O noso PDI deste curso ten varios productos finais. Un deles é o que estades a ver.
Trátase dunha actividade na que reunimos cadros, emocións e música.

Cada aula escolleu unha (ou máis) obras de arte de entre as que coñeceron durante o Proxecto, identificaron a emoción que suxire o cadro e escolleron unha peza musical que, ao seu ver, expresa ben ese sentimento.

A profe de Música foi a encargada de ofrecer unha selección de pezas para que cada aula escollera aquela que se adaptaba mellor.

Encántanos o resultado pois fomos quen de falar de algo tan complicado como son as emocións e buscarlles distintos modos de expresión (plástica e musical)

O resultado é o que vedes. Premendo sobre a imaxe poderedes ver o traballo.

18.5.17

Festival das Letras 2017: Malpica de 1ºA

Hoxe os/as pícaros/as de 1ºA co gallo da celebración do Festival das Letras 2017 presentaron, na biblioteca do colexio, o produto final do noso proxecto: Malpica (no cal se funden dúas grandes mulleres, Rosalía de Castro e Viki Rivadulla)
Grazas á profe de Música, Patricia, por axudarnos a dar vida á poesía creada por nós: Adiós Malpica, adiós Milladoiro.
Unha auténtica marabilla escoitalos!


GORIGORI (5º E.I.)

16.5.17

Pictopoemocionario 6º

Leer más publicaciones en Calaméo Aproveitando o achegamento que fixéramos ás obras de arte de tarefas anteriores, resaltamos a emoción que caracteriza cada cadro e expresámola de xeito poético. Velaí o resultado!

10.3.17

Maruja Mallo. Vida e obra

Presentamos parte do traballo elaborado polo alumnado de 6º de Primaria encol da figura de Maruja Mallo. O traballo está insertado no noso PDI sobre pintura e pintores, así coma na celebración do Día Internacional da Muller Traballadora.

Luís Seoane: a muller na súa pintura

Traballo realizado polo alumnado de 5ºA co gallo do Dia Internacional da Muller

Viki Rivadulla. Biografía

Biografia Viki Rivadulla_2017 from bemilladoiro on Vimeo.

O alumnado de 1º de primaria, coa súa profe Fátima Romero, agasalláronnos esta presentación coa biografía da pintora muxiá Viki Ribadulla. Unha fermosura!

3.3.17

Un entroido con arte. Selección de lecturas

Exposición Entroido 2017 from bemilladoiro on Vimeo.

E, coma decote, a nosa selección de lecturas para documentar este entroido tan artístico, e tan gastronómico!

Un entroido con arte. Desfile

Desfile Entroido 2017 from bemilladoiro on Vimeo.
Ofrecémosvos algunhas imaxes da celebración do entroido escolar o pasado venres 24.

1.12.16

Cámbiache ben o conto!

Este caderno é o resultado dunha proposta de traballo da BE arredor da pintura e a creación literaria. A actividade consistía en seleccionar un cadro dun dos pintores elexidos en cada aula. O alumnado realizou unha transformación das cores orixinais atendendo á súa temperatura (cores cálidas e frías) e a partires de aí, inventaron cadansúa historia para cada unha das versións do cadro. Agardamos que vos guste!!

31.5.16

Xurxo Alfeirán e Urbano Lugrís

Xurxo Alfeiran from bemilladoiro on Vimeo.

Visitounos o mestre Xurxo Alfeirán para compartir con nós os seus coñecementos sobre a figura do pintor Urbano Lugrís e a súa estadía en Malpica

29.3.16

Cóntame un cadro de... medo

Por fin podemos compartir con vós este traballo que fixemos con motivo do Samaín e achegándonos ao tema que este curso nos ocupa: A Pintura. Cada aula escolleu un cadro que tivese algo de inquietante, de estremecedor... e pediuselle ao alumnado que tentase inventar unha historia. A que lle fora suxerida pola imaxe. Nunhas aulas fíxose como traballo colectivo, e a historia foi inventada a partires das emocións e todos e noutras prantexouse coma un traballo de creación individual, pero todos a partires da mesma imaxe. O que tendes diante é o resultado de tanta imaxinación. Un traballo fermoso.

9.3.16

Visita de Viki Rivadulla

Viki Rivadulla from bemilladoiro on Vimeo.

Hoxe visitounos a artista plástica Viki Rivadulla. Tivo un encontro cos nenos e nenas de Ed. Infantil e, máis tarde, cos de 4º nivel. Sempre é un placer achegar aos nenos e nenas a persoas que lles transmiten coñecementos sobre o seu traballo e moito máis cando o traballo é tan bonito, tan cheo de forza e de cor e forma parte de algo que nenos e nenas fan a diario: PINTAR. Agradecemos desde aquí a boa disposición da pintora e escultora muxiá que non só non puxo ningún inconvinte senón que traballou con eles chea de ledicia. grazas!

6.2.16

Entroido de artistas

Entroido 2016 from bemilladoiro on Vimeo.

Entroido 2016 from bemilladoiro on Vimeo.
Algunhas imaxes do noso desfile de entroido que celebramos onte. Coma sempre, unha festa fermosa chea de momentos divertidos. Os días previos, como imaxinaredes, cheos de nervios e carreiras para conseguir rematar a tempo. O tema deste ano que, como sabedes é o do noso proxecto anual, foi a PINTURA.Pasámolo, xenial!

5.2.16

Exposición Entroido

Expo_Antroido from bemilladoiro on Vimeo.

Como xa é habitual, antes de cada celebración facemos unha selección de materiais que consideramos axeitados para documentatrnos e traballar cada tema. Esta foi a nosa exposición de materiais para o entroido.

16.12.15

Autorretratos

Autorretratos from bemilladoiro on Vimeo.

Nenos e nenas autorretrátanse. Dentor do PDI anual, Pintamos moito

Arbores e artistas

Arbores e arte from bemilladoiro on Vimeo.

Estas son as nosas árbores de Nadal, moitas delas decoradaas cos cadros dos artistas seleccionados en cadaa aula.