Amosando publicacións coa etiqueta investigación. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta investigación. Amosar todas as publicacións

11.5.12

Animais raros, raros

O último traballo documental dos nenos e nenas de 5ºA trata sobre animais. Unha pequena investigación sobre o animal que escolleu cada quen de entre aqueles dos que nunca escoitara falar. Empregaron unha linguaxe moi científica ¡Abofé!

16.3.11

Invisibles para nós mesmos?


Supóñovos enterados da existencia da Expedición Malaespina. Trátase dun proxecto científico moi ambicioso ( 17 millóns de euros!) do Ministerio de Ciencia e Innovación que ten como obxectivo principal avaliar o impacto do cambio climático nos océnos e a influencia deste na biodiversidade.

Como vos deixo o enlace á páxina da expedición non me extenderei en detalles pero hoxe quero poñer de relevo que a participación dos investigadores galegos nela é abundántisima (30 segundo a Voz de Galicia) feito que non vimos reflexado en ningún outro medio de comunicación.

Hai moitas reseñas na rede sobre a os números de participantes de outras procedencias. E reséñanse con orgullo.

Ben. Aí os tendes: 30 galegos e galegas procedentes de:




O que pon en valor decididamente a calidade da investigación mariña en Galicia, como non podía ser doutro xeito tendo en conta a nosa vocación marítima e mariñeira. Lembramos a concesión do Campus de excelencia ó proxecto presentado pola Universidade de Vigo, xa que no mundo somos unha referencia indiscutible.

Nestes intres está tamén na expedición acompañando ao Hespérides, o Sarmiento de Gamboa (tamén galego) cun equipo de investigación de homes e mulleres que a penas supera os 30 anos.

Pois iso. Para sentirnos orgullosos. Para pórnos en valor. E para perseguir soños. Porque a ciencia e a investigación son campos apaixoantes.
E se o tema é o mar... ¡aínda máis!

8.12.08

A Felicidade é algo que se pega



Lembreime do asunto da Literapia que comentei na entrada anterior, este sábado cando o xornal volveume sorprender cunha noticia positiva (que non son tantas como vos parece: hai días que non aparece ningunha).

Esta vez foron as conclusións do estudo levado a cabo por dous profesores estadounidenses e publicado pola revista médica British Medical Journal. Deixovos o enlace para ler a noticia completa na Voz, que foi onde a lin eu.

Este tipo de noticias adoitan pasar desapercibidas, sen que ninguén lles preste moita atención, pero....¿non é un magnífico descubrimento?, ¿somos conscientes do potencial desta afirmación? Xa sei que estaredes a dicir que... xa o sabiamos. Vale. Pero unha cousa é sabelo, e outra poder demostralo.

Así que xa o sabedes: ter un amigo feliz, fai máis pola nosa propia felicidade que gañar un premio de 5.000€. Vivir rodeado de xente feliz aumenta as nosas posibilidades de selo. En cambio, a infelicidade non se pega tanto (por sorte!!!)

Os autores do estudo xeralizan as súas conclusións ó mundo virtual en comunidades como Facebook.

Así que, xa o sabedes: A sorrir e irradiar felicidade... que todo se pega!!

De paso, entereime da historia dos emoticóns

E para os que sabedes inglés, o enlace ás publicacións no BMJ dos profesores Christakis e Fowler