Amosando publicacións coa etiqueta catalogación. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta catalogación. Amosar todas as publicacións

2.4.24

Leo le... NOVIDADES!_2º e 3º trimestre

 Leo le... NOVIDADES!

Premer na imaxe para acceder á galería de fotos

Presentamos os libros que ocuparon o expositor Leo le... NOVIDADES!, ao longo do 2º trimestre e inicio do presente 3º trimestre.

Celebramos o Día do Libro Infantil 2024 coas novas adquisicións que xa catalogamos e viaxan ás aulas, aos domicilios... para gozar da lectura, hoxe, e todos os días do ano.

A seguir lendo... crecendo!

4.12.23

Leo le... NOVIDADES!_1º trimestre

Leo le... NOVIDADES!

Premer na imaxe para acceder á galería de fotos

Ao longo do 1º trimestre o expositor de novidades foise renovando, segundo adquirimos e catalogamos os novos exemplares.

Libros diversos para atender ao PDI que nos ocupa e outras temáticas de interese: álbum ilustrado, libros de divulgación ou consulta, biografías, narrativa, poesía, ensino...

Grazas ao orzamento plambe e ao orzamento de centro seguimos adquirindo exemplares de calidade para nutrir o catálogo da nosa biblio.

No 2024... máis!

29.5.23

Leo le... NOVIDADES!_2º e 3º trimestre

Leo le... NOVIDADES!

Premer na imaxe para acceder á galería de fotos

Ao longo do 2º e 3º trimestre a exposición de novidades foise renovando segundo adquirimos e catalogamos os novos exemplares.

Unha exposición moi valorada e visitada que acolle títulos moi diversos: álbum ilustrado, poesía, teatro, narrativa, de consulta...

Grazas ao orzamento PLAMBE, ao orzamento de centro, doazóns e producións propias podemos seguir ampliando o catálogo da nosa biblioteca para atender á lectura por placer, para informarse... para aprender!

O vindeiro curso máis, ata entón... feliz verán lector!

21.11.22

Leo le... NOVIDADES!_1º trimestre

Leo le.. NOVIDADES!

Premer na imaxe para acceder ao álbum de fotos

Un curso máis, Leo le... NOVIDADES!

A imaxe pertence á segunda exposición de novidades deste 1º trimestre: álbum ilustrado, exemplares de consulta, de ensino, de Lectura Fácil, poesía, narrativa; un mundo lector diverso.

En próximas publicacións... novidades de Banda Deseñada para todas as idades.


 

3.11.21

Leo le... NOVIDADES!_1º trimestre

 Leo le...NOVIDADES!

Estamos de volta, un curso máis, con... NOVIDADES!

Premendo na imaxe accederedes as fotos das novidades que xa circulan polo noso colexio.

Exemplares diversos, para todos os gustos lectores, para todas e todos.

A seguir desfrutando da lectura: fonte de información, fonte de pracer, de lecer.

Axenda 2030

27.5.21

Leo le...NOVIDADES!_3º trimestre

Pechamos o 3º trimestre e o presente curso 2020/21 coa última exposición Leo le...NOVIDADES!

Novidades rexistradas e catalogadas na nosa Biblioteca que seguirán publicitándose o vindeiro curso, tentando dispor sempre de diversidade de títulos para todos/as.

No presente curso catalogamos máis de 150 novos exemplares que xa forman parte das nosas coleccións e de cada lector/a que os elexiu pois nunca puidemos obter as imaxes de todo o catalogado; xa que tan pronto se colocaban na exposición de novidades tan pronto viaxaban ás aulas, ás mans de alumnado e profesorado.

Un pracer ver como os libros seguen vivos nas mans de quenes os coidan, nos ollos de quenes os desfrutan...

Picando na imaxe accederedes ao álbum de fotos dos primeiros exemplares da exposición.

O vindeiro curso...máis e mellor! 

25.3.21

Leo le...NOVIDADES!_2º trimestre

Ao longo do 2º trimestre o expositor de novidades foise renovando segundo íamos catalogando os novos exemplares adquiridos.

Exemplares de calidade contrastada para ofertar a nosa comunidade educativa: lectura para desfrutar, lectura para informarse, lectura para formarse...

Picando na imaxe accederedes ao álbum de fotos das novidades que viaxaron polo noso colexio este trimestre.



15.12.20

Leo le...NOVIDADES!_1º trimestre

 Ao longo do 1º trimestre a exposición Leo le...NOVIDADES! foise actualizando segundo iamos catalongando os novos exemplares adquiridos.

Picando na imaxe accederedes ao álbum de fotos das novas adquisicións para ler, saborear, desfrutar, viaxar...

Vive unha aventura con cada lectura!