Amosando publicacións coa etiqueta sinalización. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta sinalización. Amosar todas as publicacións

3.4.09

Toques


Andamos a darlle á biblio toques bonitos, de coquetería.
Hoxe deixámosvos, en absoluta primicia, as imaxes da nova sinalización.
Levamos anos esperando por ela. Pasamos polas tiras de cartolina pegadas con fixo.... pero iso xa é historia. Só eu o recordo. Porque os nenos e nenas van cambiando. E as profes tamén.
Pero onte e hoxe son días de satisfacción.
Parécenos que está a quedar moi bonita e, o que é millor: práctica e clara.
Á volta das vacacións seguiremos e colocarémos os sinalizadores que faltan.
E prometemos fotos de ...¡outros toques!