Amosando publicacións coa etiqueta recursos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta recursos. Amosar todas as publicacións

6.3.26

Exposición 8M: Galegas nas artes

Premer na imaxe para acceder á galería de fotos

Presentamos a nova exposición temporal, Galegas nas artes, con diversidade de recursos bibliográficos para dar apoio á proposta de actividades relacionadas co PDI de centro, concretamente á Semana da Muller 2026.

Os grupos-aula contan con exemplares para informarse, para investigar arredor dunha muller galega destacada nalgunha das sete artes e redactar a súa biografía, proposta esta do equipo de 2º ciclo de educación primaria.

Muller, Galicia e Arte conforman o trío protagonista para conmemorar o 8M.

22.10.25

Novo recuncho: Apalabrando a Lingua

Premer na imaxe para acceder á galería de fotos

Novo curso e novo recuncho na biblioteca, Apalabrando a Lingua. Espazo creado para a normalización e dinamización da Lingua Galega mediante un mural parlante para o cal facilitamos plantillas editables aos grupos-aula, co obxectivo de que adapten ás necesidades do alumnado o vocabulario a tratar na nosa lingua nai.

Ao tempo, organizamos, dotamos e creamos novos recursos para a biblioteca: pantalla dixital interactiva, teatriño, cartelería, xogos ou os sinalizadores en madeira para as exposicións, realizados coa cortadora láser do centro.

Premer na imaxe para acceder á galería de fotos

Un compromiso claro polo coidado, mellora da biblioteca e a dinamización da lingua, todos os días do ano.

23.4.25

Maleta Naturalista do CEIDA

 
Premer na imaxe para acceder á galería de fotos

Hoxe, Día Mundial do Libro 2025, chegou a nosa biblio a Maleta Naturalista que solicitamos ao Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA).

Unha maleta con 23 exemplares do máis naturais: cadernos de campo, guías de flora, fauna e fungos, inventarios...; exemplares para informarse e formarse a disposición de toda a comunidade.

Unha maleta viaxeira para divulgar o patrimonio natural de Galicia, para empregar como fontes de información e achegarse á natureza, un gran recurso didáctico para o 3º trimestre e como peche do PDI "Medicus curat natura sanat" que iniciamos o pasado curso.

Agradecid@s ao CEIDA por facilitarnos recursos bibliográficos que amplian o catálogo da nosa biblio e enriquecen a proposta de actividades en relación co PDI que nos ocupa.

7.6.22

Espazos e recursos... renovamos, organizamos!

Un vídeo que resume moi ben a renovación, organización de espazos e recursos realizada ao longo do curso entre tod@s, para tod@s.

Grazas a diferentes orzamentos (LIA.2, PLAMBE, Biblioteca Inclusiva, Biblioteca Creativa, melloras de centro...) ou axudas (solicitadas pola ANPA) puidemos realizar melloras para seguir transitando o camiño cara unha 

EDUCACIÓN NO RURAL: pública, inclusiva, equitativa e de calidade 


ODS 4


30.8.11

Titorial Audacity


Coñecemos o programa hai tempo pero este pareceume un titorial ben completo para aqueles que se estén a iniciar con el xa que fala das gravacións multipista. Certamente é unha ferramenta á que nas aulas se lle pode tirar moito partido. Mirade, se non , os nosos podcast do curso pasado.

12.1.11

Revista Galega de Educación

Ven de sair ó mercado o nº 48 da RGE que edita Nova Escola Galega.
Trátase dun número monográfico sobre as Bibliotecas Escolares Galegas. Artigos escritos polos responsables dalgunhas delas que pretenden mostrar o amplo abano de actividades que estes importantes centros de resursos desenvolven nos centros educativos galegos.
Afortunadamente é xa imposible que aparezamos todas as bibliotecas activas que hoxe traballamos en Galicia: as que están mostran o seu bo facer e falan por todas pois as dinámicas de traballo son moi semellantes grazas á magnífica coordinación e difusión da información que se leva a cabo desde a Asesoría.
Ademáis dos responsables de BEs, participan un ilustrador, unha inspectora, un director de centro, o profesor Manuel Area e unha entrevista a Juan Mata. completan esta vista panorámica sobre esta realidade consolidada que son as BE Galegas.
Cristina Novoa e Pilar Sampedro coordinan o monográfico.

Podedes ver un resumo dos artigos AQUÍ
(Visto no blog da Asesoría)

11.12.10

Recursos para o Nadal

Esta é a nosa páxina de recursos para o Nadal que preparou o equipo de TIC.
Premendo sobre a imaxe toparedes mil cousas relacionadas coas festas que xa veñen: xogos, manualidades, contos, música, a páxina que usamos o ano pasado da escola de Vide, láminas para colorear, información de como se celbra en diferentes culturas.... unha xoia!
Esperamos que de verdade sirva para pasalo ben, ben, ben!
Queda enlazada na sección de recursos.

1.11.10

Videoxogos nas aulas?



Da man do Segrel coñecemos este manual que, estou certa vai dar respostas a algúns profes. Usar os videoxogos na aula? Teñen algún sitio na educación? Perden o tempo cando xogan?...

Sabido é que os nosos nenos e nenas son forofos/as deles. Que usan as maquinitas seguido.
A pregunta é se podemos-debemos usar esa habilidade a favor da educación. E poder dar respostas pedagóxicas, cubrir obcectivos, superar a barreira de escolar/non escolar.
Se premes sobre a imaxe accederás ó manual.

8.10.10

O que xa temos


Como ususarios/as do Meiga (o programa de xestión da rede de Bibliotecas de Galicia) temos acceso a unha chea de valiosísimos recursos electrónicos que non debemos desaproveitar. desde a casa, desde o centro... cando buscamos información podemos botar man destes recursos en liña. Para elo, debes saber o teu número de lector e ter un contrasinal. No cole temos o mesmo para todos e todas, xa que decidimos non usar carnets de lectores.
Polo correo interno envíovos os datos e...¡xa está!
Espero que esta presentación feita pola BP Anxel Casal de Santiago, vos sirva de axuda para usar este servizo tan valioso.

25.5.10

Universidade de pais e nais on-line



Descubrimos esta web que nos parece moi, moi útil
Trátase dun proxecto dirixido polo cátedro José Antonio Marina co fin de axudar a pais e nais no labor tan fascinate coma complexo da educación dos seus fillos.
O proxecto declara coma obxectivos:
  • Proporcionar información rigurosa sobre la educación de los hijos
  • Asesorarles para que desempeñen bien sus responsabilidades educativas. Los padres tienen que encontrar su propia manera de educar.
  • Informarles sobre los recursos educativos que tienen a su disposición.
  • Crear una comunidad de padres interesados por mejorar la educación familiar, que compartan sus inquietudes y experiencias.

Con frecuencia pensamos aquelo de que os fillos son profesionais no seu papel e os pais somos aprendices do noso. Tal vez sexa unha broma pero... o certo é que moitas familias responsables tentan educar ben ós seus fillos...e debátense entre dúbidas de como conseguilo!

Ensínase a valentía? a capacidade de frustración? preparamos para a vida?

Esperamos que topedes respostas e agradecemos ó profresor Marina a inicitaiva.

Para isto nace este proxecto.

Deixamos o enlace no apartado adicado ás familias coa intención de que vos sexa útil.

http://www.universidaddepadres.es/

22.4.10

Educared

É un portal da Fundación Telefónica e algunhas outras institucións que ten como finalidade familiarizar a pais e mestres coas ferramentas da web.

Recursos seleccionados para pais e nais, para docentes e para escolares dos diferentes tramos educativos.

Ten unha sección de titoriais moi moi completiña.

Conta cun completo menú no lateral esquerdo no que está organizadiña toda a información para que vaias directamente ó que precises.

Os materiais que contén son, exclusivamente en lingua castelá pero non nos importa moito porque nós, sí somos bilingues.

Gústanos especialmente a sección Leer y vivir dentro de Recursos educativos, sección que recomendamos, como non podía ser menos, nesta semana adicada ó libro e á lectura. Anuqe, como xa sabes, a iso adicamos todo o ano.


11.4.10

Wibiya

Seguro que notaches estes días a aparición dunha nova barra de ferramentas ó final da fiestra deste blog. Eu vírao por aí en algúns blogs, por exemplo no Segrel do Penedo, e parecíame útil pero... ¡iñoraba todo o demáis!
Trátase de Wibiya.
Unha vez dentro e identificado (vale a conta de gmail) podemos escoller as aplicacións que nos xeitean (trae algunhas seleccionadas por defecto, pero podemos modificalas) polo tanto é totalmente persoalizable: últimas entradas, visionado aleatorio, blogs secundarios, caixa de búsqueda... ¿As que máis me gustan a min? os accesos directos ós álbumes de fotos e á canle youtube, a posibilidade de compartir unha entrada no Facebook (ou outras redes sociais)...

Topei na rede un titorial que, a min sirveume para colocar a nosa. Así que, se vos parece útil...¡adiante!

8.4.10

Planetas




















As Bibliotecas Escolares Galegas estamos de estrea.
Estreamos PLANETAS.
Premendo sobre cada unha desas imaxes (obra de Rosana Rodiles) accederás a TÓDOLOS blogs de BEgas.
É unha ferramenta moi moi importante que nos permitirá estar en contacto con TODO canto se publica diariamente nestas fiestras dixitais. E permitirá tamén que cada lector dun blog poida acceder ó publicado en TODOS.
Celebramos o invento e agradecemos o traballo que dou facelos a Loly e Isa.

7.4.10

Wikis como ferramenta educativa


Magnífica explicación do profesor Muñoz de la Peña. A competencia dixital, a xestión da información e as maneiras en que os nosos escolares poden aprendelas.
Miradeo con atención.
Topámolo no blog de Buenas Prácticas 2.0

6.4.10

¿Non se che ocurre como compartir o tempo?...Tradición oral

Hai xa algún tempo que dedicamos unha entrada deste blog a este interesantísimo recurso

Volvemos hoxe a facelo porque vimos de engadilo nese apartadiño de Para pais e nais que creamos estes días.

Orella Pendella é unha fonte valiosísima de recursos para contar e cantar ós noso nenos. Na casa, como se fixo sempre: Hai xogos, recitados, adiviñas, endadeados.... para tódalas idades. Para compartir e pasalo ben.

Non se trata dun recurso para eles e elas. Non. É para os adultos, que toparemos alí cousas que descoñeciamos ou que, simplemente, esqueceramos.

Trátase dunha páxina moi activa, que medra constantemente coas achegas que os usuarios imos facendo.

Polo tanto: se podes aportar algo, faino. Se non podes aportar: úsaa. Que para iso está.

Aí queda o enlace.

Ciudad de la pintura

É marabilloso ter amigos que nos achegan cousas, nolas dan a coñecer... Este é o caso deste portal adicado á pintura.
Relamente valioso e que me chega da man dunha boa amiga.
Autores, Obras, Estilos, Museos... ó alcance dun clic para que aprendas... ou, simplemente, recrees a vista.

Grazas, Elvira.
Premede na imaxe que vos levará dereitamente ó sitio.

30.3.10

Guía TIC para as familias


¿Cantas veces dixeches ou oíches aquilo de ...eu diso non entendo....diso sabe o rapaz.... ? Para logo botar as mans á cabeza cando sintes que perdes o control sobre as súas actividades na rede do teu fillo, ou da túa filla.
¿Ou eres do modelo de non poñer internet na casa polo medo a que anden onde non deben?

Como pais, como nais, como profesores... como adultos responsables, e anque só fóra porque estamos educando, temos o deber de aprender, de saber para aconsellar, de coñecer para acompañar, de non facer o ridículo dicindo que non sabemos nada e provocar que os nosos fillos e fillas se sintan desamparados ante un mundo que.. é coma os outros.

E coma os outros: hai que coñecelo.

Ven todo esto a conto porque topamos un lugar (da Junta de Andalucía) pensado para aprender baixo este punto de vista: para pais e nais, para adultos educadores.
Parécenos un material claro, conciso e de calidade. Preme na ilustración e accederás ó sitio.
Deixaremos o enlace nun bloque que creamos agora mesmo (Para pais e nais) na columna dereita deste blog.

Esperamos que serva de axuda. Hai máis materiais deste tipo diseminados pola rede. Iremos localizando e colocándoos no mesmo sitio.
(A imaxe topámola AQUÍ)

23.3.10

Webs educativas


No blog do profesor Manuel Area Moreira (Cátedro de Tecnoloxía Educativa na Laguna) topamos esta entrada na que se relacionan 12 sitios web educativos que el define coma imprescindibles para educadores. E, se non, imprescindibles, si son moi, moi interesantes.

Anque a maioría son moi coñecidos, é posible que algún non o sexa tanto.

Tódolos sitios que se relacionan están en lingua castelá.

Deixovos o enlace por se pode ser de utilidade.

Seguro que si.

15.3.10

Glog

O venres pasado publicamos no blog de 5º e 6º información sobre esta ferramenta (nova para nós) da que nos deu conta o blog amigo MESTURAS.
Considerando o interés que pode ter para tódolos seguidores/as deste blog, traémola hoxe ate esta páxina.
En apariencia trátase dunha ferramenta sinxela e que pode ser de moita utilidade para presentar contido en modo cartel ou mural, forma que utilizamos moi frecuentemente cando traballamos en papel pero, neste caso con tódalas ventaxas da web (enlaces, por exemplo)

Deixovos o titorial:

e un exemplo dun traballo feito no Clube de Lectura do Sánchez Cantón (Lembrade entrar coma convidados!)
Para usala é preciso abrir unha conta en Glogster

7.2.10

Acceso ós recursos en liña de Meiga



Vía Vilán traemos este titorial sobre como acceder ós recursos en liña que ofrece MEIGA,
Deixarémilo no lateral para que o teñades sempre dispoñible. Lembrade que son de acceso libre para nós, que somos usuarios do Programa pero moitos deles son recursos de pago e non precisamente baratos. Téndeos na cabeza cando andedes a preparar algún traballo.
Grazas, Emilio.