Amosando publicacións coa etiqueta actividades extraescolares. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta actividades extraescolares. Amosar todas as publicacións

3.6.26

II Maratón Teatral do Concello de Malpica

Premer na imaxe para acceder á galería de fotos

Continúa a programación cultural do Concello, Malpica nun mar de letras 2026, coa II Maratón Teatral. 

Teatro da man dos/as nenos/as inscritos/as no Obradoiro de Animación Teatral do Concello, que representaron dúas funcións para os centros educativos do concello, tal como se pode ver na seguinte imaxe da programación:

Premer para acceder á máis información

O venres 12 de xuño repetirán funcións, abertas a todo o público, no Centro Cívico e Cultural. Animádevos a gozar do teatro cos máis pequen@s!

5.6.25

I Maratón Teatral do Concello de Malpica

Desde Galeatro, da man de Mario, recibimos o cartel do I Maratón Teatral do Concello de Malpica que se celebrará mañá 6 de xuño.

Funcións que se representarán no Centro Cívico e Cultural, en horario de mañá para todo o alumnado do noso centro e en horario de tarde, tal e como se reflicte na imaxe do cartel, aberto a todo o público.

Obradoiro de Animación Teatral no que se inscribiu, a comezo de curso, alumnado do noso centro. Alumnado que mañá presentará e representará todo o traballo realizado ao longo do curso: traballo en equipo, habilidades persoais e sociais...  

Seguimos crendo na cultura, no teatro como motor de cambio social, de promoción de valores, de fomento de diálogo para a construción dun mundo mellor.

Animádevos a unha xornada cultural c@s máis cativ@s!

Premendo no seguinte enlace accederedes a algunhas imaxes das funcións representadas:

 

27.9.24

Concello de Malpica: escolas culturais e deportivas

                            
Premer na imaxe para acceder á galería de fotos

Esta semana, da man de Mario e Mar, @s nen@s puideron coñecer algunhas das actividades que oferta o Concello de Malpica nas súas escolas culturais e escolas deportivas.

O luns coñeceron a "Animación teatral", dentro das escolas culturais, como medio para o traballo en equipo e desenvolvemento de habilidades persoais e sociais, entre outras. O xogo principal recurso para expresar, representar, emocionar...: o teatro como fonte de benestar emocional.

O mércores coñeceron "Judo", dentro das escolas deportivas, como medio de benestar físico. O xogo tamén é recurso para medrar sans e fortes.

Premer na imaxe para acceder á galería de fotos

Agradecer a Mario e Mar o seu bo facer e desexarlles un curso cargado de aprendizaxes emocionais e físicas.