Amosando publicacións coa etiqueta cuarentena. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta cuarentena. Amosar todas as publicacións

24.5.20

Letras Galegas confinad@s: caligramas e podcasts

Celebramos estas Letras Galegas confinad@s, homenaxeando a varios/as autores/as galegos/as.
No noso blog Dígochoeu recóllense diferentes recursos sobre o autor homenaxeado este 2020: Ricardo Carvalho Calero.
Na proposta Leo, leo...ti les?, creación de podcasts dentro do programa Festexamos de Radio Balea que se atopan aloxados no reproductor da columna dereita deste blog, cada ciclo elexiu un autor/a galego/a ao que rendir homenaxe: Rosalía de Castro, Antonio García Teijeiro, Neira Vilas e Manuel María.
Na proposta caligramas, a  partir do poema O arco da vella de Manuel María recitado pola profe Vanessa para o programa Festexamos de Radio Balea,  o alumnado creou uns fermosos caligramas que titulamos "Cores e Letras".
O arco da vella, símbolo de esperanza durante esta pandemia, cheo de cores e Letras Galegas.  Presentamos o vídeo-resumo dos marabillosos produtos finais creados en familia.
Parabéns e grazas polo voso esforzo diario, que a creatividade non deixe de medrar dende as nosas casas para todos e todas nas ondas de Radio Balea e nas bitácoras do noso colexio.

15.5.20

Letras 2020

Como cada mes de Maio chega o tempo das Letras. Pero este ano... chega de xeito diferente.
Pois adptámonos ás circunstancias e usamos a nosa literatura de xeito festivo porque iso é o que celebramos: a festa das Letras.
Xa hai días que o profesorado vos achegou as propostas concretas para cada ciclo pero queixemos hoxe publicar este carteliño que resume ben o que estades a facer.
Xa estamos desexando ver eses caligramas, eses videos... escoitar eses audios.
imos encher Radio Balea das vosas voces celebrando as Letras.

Adiante!

30.4.20

Día do Libro... en familia!

Aquí están as imaxes das familias lendo na casa como complemento ás actividades que propuxemos para celebrar o Día do Libro 2020.

Esta data que é tan nosa e na que desfrutamos sempre de compartir lecturas, este ano foi...diferente.
Pero non deixamos de ler!

Grazas por compartir con nós unha parte da vosa intimidade e abrirnos unha fiestra ás vosas casas.

20.4.20

Día do Libro 2020

O vindeiro xoves 23 celebraráse o Día Internacional do Libro.

Ese que daba comezo ao noso Mes das Letras. Lembrades o ano pasado cando enchimos Malpica de Libros e carabeis? E outros anos coa actividade de Padriños e madriñas lectores?....

Pois este ano imos tamén celebrar. Doutro xeito, si. Pero imos celebrar!
Velaí a nosa proposta:

Imos comezar nós, os profes, agasallandovos un video con fotos nosas nas nosas casas lendo e... facendo outras cousas. Porque queremos que nos vexades e saibades de nós e dicirvos que VOLVEREMOS ABRAZARNOS!

E, despois, tocarávos a vós. Fixádevos que as actividades teñen data final. Animádevos! Temos ganas de vervos! E de ver os vosos traballos que sempre, sempre consiguen sorprendernos.

As fotos podedes envialas polas canles que xa tendes establecidas con cada profe, ou ao correo de Leo (bemilladoiro@gmail.com)

Pensade que, agora, anque non é doado, todos estamos facendo algo moi importante: coidarnos e coidar dos demáis. Así que....
Queda na casa
...lendo!

Agardamos as vosas fotos!

19.4.20

Carta ás familias. Instrucións terceiro trimestre

Queridas familias:
O pasado venres, ás sete e media da tarde chegou ao correo do centro unha comunicación do noso inspector. Nela, sen outro contido,  achegaba as orientacións provisionais para o desenvolvemento do 3º trimestre do curso 2019-2020. Premendo enriba del podedes lelo directamente na páxina da xunta de primeira man.

Nas devanditas orientacións non hai nada novo para nós: a avaliación farase continua (tal e como figura na lexislación vixente e nunca foi doutra maneira), a repetición de curso será algo excepcional (xa ten esa consideración na lexislación vixente)…

No final do curso, o profesorado emitirá un informe de cada escolar (exactamente como se viña facendo ata o momento porque así o contempla a lexislación vixente).

Tal e como se indicaba nas anteriores instrucións para o confinamento: as actividades que se propoñan ao alumnado serán de recuperación, repaso e reforzo do traballado presencialmente. As tarefas serán globalizadas, interdisciplinares e integradas…. Ben sabedes que así é como estamos traballando desde o comezo.

Lido o texto quédannos preguntas. Moitas preguntas. Para as que non temos respostas.

Agardamos da nosa Consellería que, en cumprimento das competencias que lle outorga o Estatuto de Autonomía de Galicia, tome as decisións necesarias para guiarnos claramente cara un fin de curso nas mellores condicións posibles.

Lede o documento. Iso é todo. Sabemos o mesmo ca vós.

Xa sabemos que vos gustaría ter certezas e seguridades. Tamén a nós.

Agardamos todos polas indicacións da Sra. Conselleira.

Indicacións que vos achegaremos en canto obren no noso poder.

Mentres tanto: apertas, azos e saúde.
A Dirección.

16.4.20

Construimos xoguetes!


este video podedes atopalo tamén nas pestanas de Ed. Física dos blogues de ciclo.
Grazas, Óscar!

15.4.20

Pautas confinamento

Ola familias, compartimos unhas pautas de afrontamento para reducir o impacto psicolóxico do confinamento. Esperemos que vos axuden, ánimo e forza!



13.4.20

Comezando o terceiro trimestre

Queridas familias: agardamos que todos gocedes de boa saúde. 
Como ben sabedes, o vindeiro martes 14 de abril comeza o terceiro trimestre do presente curso 2019/20. E reanudaremos a actividade académica, propiamente dita, con todo o noso alumnado.
Sabemos o difícil que está a ser facer escola sen estar na escola Sabemos que os nenos e as nenas necesitan o ambiente motivador das aulas para seguir aprendendo…  e que esta situación énchenos de incertezas e inseguridades porque temos máis preguntas que respostas.
Pero tamén sabemos que somos xente afouta e que neste momento o realmente importante é conservar intacta a esperanza, o ánimo e os vínculos que nos enlazan sexan estes familiares, profesionais ou simplemente… de afecto. Empregar o tempo en fortalecelos será un capital que levaremos con nós toda a vida. Sobre todo os nenos e as nenas.
A Consellería, que en todo este período non se caracterizou por manternos informados, segue na súa líña. De maneira que, hoxe domingo, non temos directrices para o desenvolvemento profesional do noso labor.
Sabemos que o vindeiro mércores haberá unha reunión sectorial da Ministra Celaa cos conselleiros das disferentes CC.AA. e pode ser que os seus acordos sexan trasladados a Galicia polas nosas autoridades educativas. Pode. En calquera caso, terémosvos informados.
De momento: o martes o profesorado colgará novas tarefas primando contidos procedimentais e actitudinais sobre os conceptuais.
Tende a seguridade de que vos estamos a trasladar puntualmente canta información nos chega das autoridades educativas e así o seguiremos a facer.
Apertas, azos, saúde e moita esperanza!
A Dirección

2.4.20

Gianni Rodari e proposta literaria

Este Día do Libro Infantil está dedicado a un dos nosos autores de cabeceira: Gianni Rodari.

Sabemos que nos chega esta celebración nun momento de moita incerteza pero... as dificultades pódense convertir tamén en oportunidades e foi moito o que Rodari nos ensinou sobre como xogar coas palabras e a imaxinación. E moitas das súas propostas son moi acaídas para facer en familia. Por exemplo calquera das propostas que nos fai na Gramática da fantasía algunhas das cales entresaca a prestixiosa Revista Babar

 Que tal un binomio fantástico?
Escolle dúas palabras ao azar. Podes, mesmo abrir o diccionario ao chou un par de veces e sinalar co dedo... onde caia!.
Unha vez escollidas.... pensa: onde? como? con quen? que? como remata?
Agora, escríbeo!

Ademáis de divertirte moito (sobre todo se escapas do realismo e acudes ao non sense ou literatura do absurdo) seguirás enchendo o teu Caderno de Confinamento

Ah! Que non o comezaches aínda? Pois.... a que agardas para facelo?

Día do Libro 2020

A finais do mes de abril, ou a comezos de maio, no meu país reverdecen os arbustos. Ao pouco tempo, as crisálidas das bolboretas prenden neles. Locen coma boliñas de algodón, mais as eirugas devoran folla tras folla ata que os arbustos perden o seu verde por completo. Cando as bolboretas saen das súas crisálidas botan a voar; pero malia todo, os arbustos non quedan arruinados: dentro dun ano volverán agromar, e así unha e outra vez. Esta é a imaxe dunha escritora, a imaxe dun poeta: os contos e os poemas aliméntanse deles, ríllanos, esgótanos... E cando xa están escritos, saen voando para acabaren nos libros, para aterraren nos oídos daqueles que os escoitan. E isto non deixa de repetirse nunca... E que ocorre cos poemas e cos contos? Coñezo un rapaz ao que operaron dos ollos. Logo da intervención tivo que estar dúas semanas deitado sobre o seu costado dereito; e despois, durante un mes máis, non puido ler. Non puido ler nada. Cando, tras un mes e medio de repouso, volveu coller un libro, tivo a sensación de estar arramplando coas palabras a eito dunha tarteira. Como se as comese, como se as comese de verdade. E coñezo unha rapaza que agora é mestra, e que dixo: “Pobres daqueles nenos aos que os seus pais non lles lían libros!” As palabras, nos poemas e nos contos, son alimento. Non son alimento para o corpo, porque ninguén podería encher o estómago con elas. Son alimento para o espírito e para a alma. Cando alguén ten fame e sede, o seu estómago encóllese e sécaselle a boca. Busca encontrar cando menos un codeliño de pan, unha cunca de arroz, un peixe ou unha froita. Canta máis fame, tanto máis se lle estreita a mirada, ata que xa non ve máis ca un bocado ou un grolo que o deixarían farto. Pero a fame de palabras non se presenta deste xeito, senón que toma forma de abatemento, de apatía, de arrogancia. A xente que sofre deste tipo de fame non é consciente de que na súa alma reina o frío, non se decata de que está a pasar a carón de si mesma e non se ve. Unha parte do mundo váiselle das mans sen sequera notalo. Esta fame unicamente poden saciala os poemas e os contos. Se nunca o fixemos, existe a esperanza de que poidamos acalmar este tipo de fame? Si. Aquel mozo le, raro é o día en que non o fai. E a moza que é mestra le contos para o seu alumnado. Cada venres. Cada semana. E se algunha vez lle esquece, son as nenas e os nenos quen llo lembran. E a escritora? E o poeta? Ao ano seguinte, reverdecerán. E volverán roelos os contos e os poemas que logo, transformados en bolboretas, botarán a voar. Unha e outra vez. Para a OEPLI Escrito por Peter Svetina Ilustrado por Damijan Stepancic Traducido por Héctor Cajaraville

1.4.20

Faro de Punta Narriga


Paree que o alumnado de 4º de Primaria anda a investigr sobre a contorna.
Atendédelle a Antía e veredes canto imos aprender.
Bravo!

27.3.20

Sacapenas. Ou... como escorrentar os medos!

Segundo conta a lenda tradicional de Guatemala, cando os nenos e nenas teñen medos ou pesadelos, cóntanllelos aos seus pequenos bonecos sacapenas antes de ir durmir. Despois, póñenos baixo da almofada e pola mañá, o temor desapareceu!

 A lenda explica que, a partir do momento en que o boneco recibe a confidencia, é el (ou ela) quen se fai cargo da preocupación e permite que a rapazada durma tranquilamente.

Os bonequiños son unha maneira lúdica de descargar as nosas penas e tamén de poder falar delas porque, para que funcione, temos que contarlles iso que nos dá medo, ou que nos preocupa.

 Unha condición: o boneco ten que ser feito a man por ti ou por outra persoa. Pequeniño, para que colla ben debaixo da almofada.

No libro que che propoñemos, o protagonista, Bieito, ten medo a unha chea de cousas e vive preocupado por case todo ata que a súa avoa lle agasalla un pequeno sacapenas.

Que importante aprender que os medos non manden en nós!

Queres fabricar un? Abondará con calquera material que teñades na casa: algunha tea, un resto de la… Un fermoso (e importante) traballo para facer en familia. Aquí podedes ver algúns exemplos que fixeran os nenos e nenas do noso cole para enviárllelos aos de Gaza hai uns anos.

O libro, escrito e ilustrado por Anthony Brown, é ben fermoso. Foi publicado pola Editorial Kalandraka e seguro, seguro que o poderedes atopar na biblioteca do teu cole.
De momento podedes ver un fragmento na páxina da editorial

25.3.20

A cantar!

Que vos parece hoxe cantar un pouco? Pois aí vai esta canción que moitos xa sabedes e algúns, ata aprendíchedes a tocala! Cantar sempre é algo alegre e divertido! Ala! Bo día!

21.3.20

Día da Poesía. Proposta

Hoxe é o Día da Poesía,e... esta é a nosa proposta.
Para os que vos animedes a facela, se despois queredes compartir imaxes do que fixéchedes, ou arquivos de audio co poema escollido....
estaremos encantados de publicalo!
Por e precisades algún poema, deixamos o enlace ao blog de Antonio García Teijeiro

Felices poemas!

16.3.20

Ler na casa

Foi todo tan acelerado que non tivemos moito tempo de facer provisión de lecturas para estes días caseiros... preo aquí tendes as indicacións de Leo:
1º.- Lembrámosvos que todos cantos teñades na casa un e-book, tableta ou ordenador, podedes usar as vosas claves para entrar na plataforma de empréstitos ELBE2 da Consellería de Educación. 

Todo o alumnado e profesorado do centro conta cun nome de usuario e un contrasinal que lles facilitaremos por correo electrónico a todas aquelas familias que o soliciten indicando en ASUNTO: libros dixitais e o nome e curso do neno/a. O enderezo do centro: ceip.milladoiro@edu.xunta.es

 Para entrar na conta de cada escolar deberá usar o seu nome de usuario e contrasinal.   

A descarga de títulos require uns pasos previos que aparecen explicados neste titorial que nos facilitou a Asesoría:

Para acceder ao  catálogo de libros  pinchade nesta imaxe.



2º.- A morada de Xoaniña é unha web cunha selección de videocontos que comparten con todos nós:



3º.- Estamos no cole entre as 10 e as 13h. Por se alguén ten unha urxencia lectora

4º.- Por último, deixamos os enlaces ás plantillas do Programa Que me contas? por se queredes ir facendo segundo ides lendo: