Amosando publicacións coa etiqueta findecurso. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta findecurso. Amosar todas as publicacións

20.6.15

E colorín, colorado...


Festival Fin de curso1 from bemilladoiro on Vimeo.
Imaxes do noso fetival de fin de curso que preparamos especialmente para as familias. Unha proba m-ais, se fixera falta, do moito que disfrutamos estando xuntos. E colorín, colorado... para os nenos e nenas este curso está rematado!
 Felices vacacións!

18.6.15

Festa de convivencia municipal

Festa Convivencia from bemilladoiro on Vimeo.

Como cada ano o Concello organizounos a Festa de Convivencia na que nos reunimos cos profes e escolares de Infantil e Primaria de todo o Concello. Este ano tocou en Buño. Como o pasamos? Mirade as imaxes e teredes a resposta.

18.8.14

Festival Fin de curso 2014


festival fin de curso from bemilladoiro on Vimeo.

Teño que pedirvos disculpas por non pubicar antes este video. O verán pasou moi rápido e... O que importa é que xa está aquí. Espero que vos guste lembrar aquela xornada tan, tan bonita. Se queredes descargar algunha imaxe, este é o enlace ao álbum

12.7.12

Videos do Festival fin de curso

Xa están dispoñibles tódolos videos do festival de fin de curso. Un por cada actuación. De momento, deixovos este, dos nenos e nenas de 1º, e o enlace á nosa canle de Youtube. PINCHANDO AQUÍ poderás velos todos.

26.6.12

Festa municipal de convivencia

Festa escolar de Convivencia 2012 from bemilladoiro on Vimeo.

Este foi o final: unha festa de convivencia organizada polo Concello e as AMPAS na que nos reunimos escolares e profes do CRA, do cole de Buño e nós. Rematamos este curso xogando e divertíndonos. E agora.... ¡a descansar! P.D.- Este video tamén o tendes na nosa canle de Youtube. As fotos AQUÍ

23.6.12

Festival fin de curso

O pasado xoves celebramos o festival de fin de curso. Esa imaxe que estades vendo é o fantástico fondo de escenario que nos agasallou a AMPA. Debido a ausencia de megafonía no Centro Cívico non nos é posible facer outras actuacións que non sexan bailes. E así fixemos: de Infantil a 6º todos puxemos o noso amior empeño en presentar unha actuacion agradable, divertida e ben feita. E ....¡obxectivo acadado! Mirade, senón, tódalas fotos e veredes alegría, precisión, empeño, esforzo... O profesorado coidou dos nenos e nenas e das actuacións, mentres que pais e nasi da Directiva da AMPA coidaban do orden coas familias asistentes. E todo saiu perfecto!

1.6.12

Festa final: lendo para vos

Hoxe foi a nosa festa: a festa da biblio. Tódolos anos esperamos esta ocasión para agradecer aos nosos nenos e nenas tanto traballo, tanta lectura, tanta atención... E este ano decidimos LER PARA ELES. O certo é que foi moi emocionante: por ler para os rapaces, por ler nós xuntos, por preparar a lectura...todo iso que durante o ano os nenos e nenas fan gustosamente para compañeiros e profesores, hoxe fixémolo nós. E foi moi bonito. Escollimos o libro de Ana Mª Fernández A CASA DE HABÍA UNHA VEZ (Xerais, 2001) que nos pareceu o máis acaído para rematar este curso no que tentos contos aprendimos e ¡escribimos! Tamén entregamos os premios aos máis leóns de 2º e 3º cdiclos que resultaron ser Nico (de 6º) e Clara (de 4º) Abrimos un paquete que nos deixou Leo e, para rematar, todos recibimos caramelos e marcapáxinas. Xa só queda, escoller os libros que leremos nas vacacións e seguir disfrutando da lectura e dos contos compartidos.
Grazas a todos e todas

22.6.11

Os responsables de todo






De Collages


Aquí tendes ós responsables desa festa tan chula: a Presidenta da nosa AMPA, a Concelleira de Cultura, o Director do Milladoiro, o Alcalde, a Directora do CRA e o Técnico de Cultura.
A todos e todas:


GRAZAS

Festa de Fin de curso



Hoxe tivemos a festa de despedida do curso. O Concello de Malpica e a AMPA puxeron á nosa disposición uns xogos hinchables moi divertidos e unha excelente merenda. Tamén nos acompañaron os compañeiros e compañeiras do CRA que compartiron con nós o teatro de guiñol que tiñan previto.
Recibimos a visita do alcalde e de dous dos seus concelleiros, así como do Técnico Municipal de Cultura.
Foi unha festa divertida na que, ademáis, acompañounos o tempo e non choveu.
Algo de tristeza polos nenos e nenas que deixan o cole para sempre, algo tamén polos amigos ós que non veremos ata o curso que ven, polos profes que marchan... pero moita alegría polo traballo ben feito, polo descanso que se aveciña e polo moi cheos que se presentan os días de verán.
A todos e todas: GRAZAS!!!

20.6.11

Fin de curso


Hoxe celebramos o final do curso. Con baile. Porque o baile é liberdade, alegría, acordo entre varios...o baile é felicidade e concordia.
E así foi.
Verónica, a profesora de Música foi a verdadeira artífice desto pois foi ela a encargada de escoller músicas, preparar coreografías...Por todo elo, felicitámola.
Mención especial merece a canción interpretada polos nenos e nenas de 1º Olelé-Molibá-Makasí, canción congoleña cantada en lingua lingala e que aprendemos no libro Canciones infantiles y nanás del baobá que tendes na biblioteca escolar para cando queirades seguir escoitandoa ou aprendendo outras tan bonitas coma ela. A verdade é que este ano, desde o Festival da Paz, foi o himno do cole porque a cantabamos por tódolos recunchos.
Ademáis, entregáronse as orlas a cantos rematachedes unha etapa escolar: EI de 5 anos e 6º de EP.
Uns marchades a outros centros e outros seguides con nós.
Tamén despedimos a algúns profes que o curso que ven xa non estarán aquí: uns porque terán o seu primeiro destino definitivo e outros porque decidiron concursar e solicitaron outros destinos.
A todos e todas: SORTE!!!
O álbum completo podedes velo e descargalo AQUÏ

9.6.11

Festa Fin de Curso


Hoxe puxemos o remate a este curso que foi moi, moi intenso.
Organizamos a festa habitual na que entregamos os diplomas e uns agasallos ós nenos e nenas que nos axudaron no traballo durante todo o curso.
Non nos cansaremos nunca de agradecer ese traballo que, anque a vos non volo pareza é moi importante: levades o préstamo e as devolucións, organizades os Hoxe le..., ordenades os andeis, axudades ós pequenos, axudades nos traballos de preparación dos materiais para incorporalos á colección... Non seguirei. Só, e unha vez máis:

GRAZAS!!!

Tamén entregamos eses premios que esperades sempre con tanta intriga: os dos Máis leóns. Damos un a quen máis libros levou da BE de entre os escolares do 3º ciclo e outro para os do 2º. Este curso, e como novidade, a profesora de EI de 5 anos pediunos poder participar na festa entregando un agasallo a quen máis libros levou para ler coa familia da súa aula (eso das bolsiñas dou moito xogo!) e tamén se lle entregou. Resultado:
Nico, de 5º
Paula, de 3º
Noemí, de EI 5 anos.

PARABENS A TODOS!!!

O acto abrírono Pablo Parga, Samuel e Aday, alumnos de 6ºB, que leron O gato con botas, coa técnica do kamishibai. Ensaiaron moito moito e, como non podía ser doutro xeito, saíulles MALLADO!

E... ata o curso que ven. Que volveremos comezar. Algúns xa non estaredes aquí pero outros seguiremos a facer o noso traballo o mellor que sabemos sempre na onda de namorarvos dos libros e a lectura.

FELICAS VACACIÓNS... LENDO!!!
Ah! Que queredes saber os Premios! Vale.
Para os LEÓNS: cadanseu libro, unha mochila das Bibliotecas Escolares de Galicia e un Diploma acreditativo.
Para os/as colaboradores: unha libreta das Bibliotecas Escolares de Galicia, un boli multicor, un portaminas e un Diploma acreditativo.
Para todos/as. unha chapa da Hora de Ler das Bibliotecas Escolares de Galicia.

20.6.10

Programa FIN de Curso


O vindeiro martes PECHAMOS.

Preparamos unha serie de actos cos que esperamos despedir como se merece este curso tan cargado de experiencias apaixoantes.

Entre outra scousas teremos a entrega de diplomas ós que fúchedes colaboradores da biblio. Tamén a aqueles que leváchedes máis documentos en préstamo e que nós, familiarmente chamamos Os Máis Leóns.

Proxectaremos as montaxes que fixemos coas lendas que nos contaron os avós, e están convidados. Visitaremos a expo das buxainas... haberá tamén entrega de orlas, xogos, bocadillos...

Enfin, esperamos que o pasedes tan ben como cariño puxemos en preparalo todo.

Consultade o programa exacto AQUÍ

E feliz descanso para todos e todas.