Amosando publicacións coa etiqueta mùsica. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta mùsica. Amosar todas as publicacións

9.6.17

Emocionarte

O noso PDI deste curso ten varios productos finais. Un deles é o que estades a ver.
Trátase dunha actividade na que reunimos cadros, emocións e música.

Cada aula escolleu unha (ou máis) obras de arte de entre as que coñeceron durante o Proxecto, identificaron a emoción que suxire o cadro e escolleron unha peza musical que, ao seu ver, expresa ben ese sentimento.

A profe de Música foi a encargada de ofrecer unha selección de pezas para que cada aula escollera aquela que se adaptaba mellor.

Encántanos o resultado pois fomos quen de falar de algo tan complicado como son as emocións e buscarlles distintos modos de expresión (plástica e musical)

O resultado é o que vedes. Premendo sobre a imaxe poderedes ver o traballo.

28.5.14

La educación es la llave

Gustounos esta canción que di grandes verdades a ritmo bailable.

9.7.13

Matilda: voda e familia. Raices combinadas

Bueno, este si que será o último. Pero non quería que vos perderades este fermoso relato de como foi a súa voda e o amor desta muller polos seus fillos. Descubriredes algo interesante. Abofé!

16.6.13

Libro da musica tradicional

Os nenos e nennas de 6ºA este ano escolleron o oficio de músicos. E andiveron a aprender cousas sobre el: desde a construcción de instrumentos tradicionais vexetais da man de Emilio Lois, ata a entrevista a Matilda de Limiñoa, pasando polo poema de Rosalía que tan ben recitaron. Reunimos todo este traballo neste libro que vos presentamos e en breve teremos na biblioteca en formato papel. Un placer!

5.5.13

Matilda e a súa infancia. Raices combinadas

Lembra Matilda neste corte da longuisima entrevista que lle fixeron os nenos e nenas de 6ºA, epidodios da súa infancia. Debuxa un mundo que xa non existe pero sobre o que non podemos afirmar que non volva existir. Escoitala sempre é un placer.

4.5.13

O galego que non fala...




De Mercedes Peón no disco De seu

Unha pequena homenaxe a esta cantante a quen lle debemos o descubrimento para o mundo dunha muller coma Matilde. Foi Mercedes quen chegou un dñia a Limiñoa interesándose pola música tradicional e puxo en valor todo ese coñecemento que, doutro xeito, pasaría desapercibido mesmo para quen o posuia, Mercede doulle valor, animou a formación dogrupo, doulles fiestras de publicidade...
E todos temos con ela, unha débeda cultural.

O galego ue non fala a língua da sua terra
non sabe o que ten de seu
non sabe o que ten de seu
perdidiño polo mundo
sen saber o que xa é meu
perdidiño pola vida rexeita a sua lingua
sabendo que ven de atrás
sabendo que ven de atrás
da nosa xente querida
ainda hoxe falámo-la!f
alámola naturalemente
falamos como a nosa xente
non nos podemos queixar.
O galego que non fala a língua da sua terra
non sabe oque ten de seu
non sabe o que ten de seu
nin é merecente dela,
galego da tua TERRA

Matilda e a mocidade. Raices combinadas

Seguimos coa publicación dos cortes da entrevista que fixemos en 6ºA a Matilda de Limiñoa (Matilde Castro) Nesta ocasión escollemos os fragmentos nos que Matilda fala da moza que foi, de como se moceaba, e do papel que cumplía a música (o cante, os bailes...) no mundo que lle tocou vivir. Anque ela retrata un mundo que xa non existe, nenos e nenas teñen aínda as claves para comprendela porque, no esencial, as mozas de onte eran coma as de hoxe: coquetas, seductoras, con ganas de festa... Asegúrovos que foi moi emocionante este encontro interxeracional no que todos descubrimos tantas claves para entendernos.

6.3.13

Susana Seivane. Semana da Muller Traballadora I


Comezamos a Semana da Muller Traballadora coa exposición dos nenos e nenas de 6ºA. Fixeron a biografía de Susana Seivane e, a propia artista, a través do correo electrónico con Sofía Ures, correxiu os datos que non eran exactos.
 Así que, esta presentación ten a categoría de Biografía Autorizada.
Para nós foi moi valioso que esta muller, famosa no mundo enteiro, estivera tan disposta a axudarnos e falar directamente con nós.
Foi algo que nos gustou moito, moito.
Velaí un exemplo de muller traballadora.

24.2.13

Musica tradicional: Matilda de Limiñoa. Raices Combinadas

O pasado mércores foi un día moi intenso. Entre outras cousas, que xa vos iremos contando, tiñamos unha cita pola tarde con Matilde Castro, máis coñecida como Matilda de Limiñoa.

Trátase dunha muller memoria viva da nosa música tradicional: canta, toca a pandeireta, baila e sabe comunicar todos eses saberes unha claridade, frescura e naturalidade... envexable.

Produceunos unha impresión fantástica e non quitabamos ollo (nin ouvido) a canto nos contaba.

Os nenos e nenas de 6ºA, que andan metidos no coñecemento da música tradicional, prepararan unha entrevista da que aquí vos deixo (de momento) os cortes relacionados coa música porque máis dunha hora de encontro deu para moito: hai preguntas de diversos temas e, a todas elas Matilda respondeu volcándose, poñendo á nosa disposición a súa lúcida memoria, o seu orden mental exquisito e unha risa cantareira que encheu de ledicia unha tarde inesquecibel.

A Matilda: GRAZAS, de corazón.
E aos autores e autoras da entrevista: GRAZAS tamén, por ter preparado este traballo con tanta profesionalidade.
Esta primeira parte da entrevista é algo máis longa que as demáis pois é claro que A MÚSICA foi o tema no que máis nos exetendemos, dura dazaseis minutos pero aconsellamos que escoitedes con atención pois contén auténticas perlas:


13.7.12

Nordestazo Rock


Mañá sábado 12 terá lugar en Malpica a cuarta edición do Nordestazo Rock cun cartel de auténtico luxo no que destaca a actuación do grupo HEREDEIROS DA CRUS
Non andamos en Malpica moi sobrados de iniciativas constructivas así que saudamos con respecto e cariño a que levan a cabo os compoñentes da AC A Tralla, un grupo de mozos e mozas malpicáns que aportan o seu traballo, contactos, coñecementos... ademáis do seu tempo e esforzos a dinamizar a vida cultural da vila.

Festa rachada

XI Festa rachada from Olga Rodriguez Diaz on Vimeo.

Traiovos hoxe esta montaxe dunha festa fermosa. Fágoo, ademáis de pola beleza da propia festa, porque demostran que para facer foliada, pasalo ben, divertirse e deixar de lado momentaneamente tódalas preocupacións da vida diaria, non é preciso pagar sintonías, compostelas, tacóns.... Aínda quedan en Galicia, festas xenuinas, nas que a xente vai a pasalo ben, a participar, a deixar sair a expontaenidade do ritmo, do xogo, das palmas, do canto, do baile. Festas nos que a xente se move e non se conforma co rol pasivo do espectador: festas nas que o que acude é un actor. Seguro que hai moitas. Estas imaxes son dunha delas, que tivo lugar o sábado pasado na Baña.

29.4.12

Visitamos Compostela

O pasado venres fómonos de excursión a Compostela: 3º, 4º, 5º e 6º.
Primeiro: Auditorio de Galicia, cun concerto que percorría a historia do rock desde Elvis Presley ate Justin Bieber.
Despois: Cidade da Cultura.
Comemos no Parque de Bonaval e volvemos para casa.
Unha xornada interesante, ¿a que si?
Premendo na imaxe accederás ó álbum.

1.12.11

Panxoliñas

Menuda se armou no cole coa chegada do novo disco de Mamá Cabra!
Non facemos outra cousa que cantar. E estas foron as panxoliñas escollidas polos diferentes cursos.
Agora anda Carme, a profe de música a ensaiar e ensaiar... e todos a cantar!
Tendes o libro na biblioteca... para seguir ensaiando e as cancións AQUÏIIIIIIII.....

20.6.11

Fin de curso


Hoxe celebramos o final do curso. Con baile. Porque o baile é liberdade, alegría, acordo entre varios...o baile é felicidade e concordia.
E así foi.
Verónica, a profesora de Música foi a verdadeira artífice desto pois foi ela a encargada de escoller músicas, preparar coreografías...Por todo elo, felicitámola.
Mención especial merece a canción interpretada polos nenos e nenas de 1º Olelé-Molibá-Makasí, canción congoleña cantada en lingua lingala e que aprendemos no libro Canciones infantiles y nanás del baobá que tendes na biblioteca escolar para cando queirades seguir escoitandoa ou aprendendo outras tan bonitas coma ela. A verdade é que este ano, desde o Festival da Paz, foi o himno do cole porque a cantabamos por tódolos recunchos.
Ademáis, entregáronse as orlas a cantos rematachedes unha etapa escolar: EI de 5 anos e 6º de EP.
Uns marchades a outros centros e outros seguides con nós.
Tamén despedimos a algúns profes que o curso que ven xa non estarán aquí: uns porque terán o seu primeiro destino definitivo e outros porque decidiron concursar e solicitaron outros destinos.
A todos e todas: SORTE!!!
O álbum completo podedes velo e descargalo AQUÏ

13.12.10

Celtics Roots




Trátase dun interesante proxecto educativo en formato CD-DVD onde @s alumn@s interpretan música galega e irlandesa.Preme no título se desexas acceder a mais información.
Tes máis información no blog de Novidades

7.6.10

Taller de Guitarra eléctrica


Xa hai días que Javi, o profesor de música, nos agasallou con este taller. Pero non fomos quen de poñervos antes esta reportaxe.
Co seu enorme coñecemento, e as súas propias guitarras, foi desgranando ante ollos e oídos matices, toques, ritmos...
Aprendimos e disfrutamos.
Lástima que non grabaramos o son.

4.3.10

ALFIN e Música


A proposta de Javier, o profe de Música, nenos e nenas de 5º andan embarcados na pesquisa dos instrumentos que forman a orquestra.
Enciclopedias e monografías están estes días ó roxo vivo nas súas mans. Elaboran eses murais tan chulos que vedes, segundo as familias dos instrumentos, e expoñen ós compañeiros e compañeiras os resultados das súas investigacións.
Están orgullosos e encantados do seu traballo. E o profe tamén.

Esto que vedes é unha mostra do que investigaron. Os murais están espostos a carón da aula de música e logo veremos a posibilidade de conservalos para que, coma decote, formen un novo volume da nosa biblio no que , os que veñen atrás, poidan seguir a documentarse.

Noraboa ó profe e a alumnos e alumnas tan aplicados que, a tal hora, saben TODO sobre as familias de instrumentos dunha orquestra.

NOTA.- Se queres ver as fotos máis grandes preme na icona de coloríns da esquina inferior dereita. Logo preme no título do álbum. Por último en "presentación de diapositivas" que aparece na parte superior esquerda do álbum. E xa está!

27.1.10

Escolma de músicas pola PAZ das BEs Galegas

Eiquí tendes, todas xuntiñas, o top-ten das cancións pola PAZ das Bibliotecas escolares de Galicia. O traballo debémosllo, unha vez máis ó Segrel

PAZ: Música e poemas

Esta vez desde o IES de Fene: unha selección de poemas e cancións feita pola nosa amiga Loly Lago:

13.12.09

Banda

Javi, o profesor de Música, ven de pór en marcha a que será a nosa Banda de Música Escolar.
Son nenos e nenas do 3º ciclo e empregan para ensaiar dous recreos de cada semana.
A verdade é que estamos desexando asistir á primeira actuación que será perfecta a xulgar polas cariñas de concentración que teñen nos ensaios.
Mirade, mirade: