Amosando publicacións coa etiqueta revistas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta revistas. Amosar todas as publicacións

25.10.21

Novos revisteiros!

Novos revisteiros

Novo curso, novo mobiliario!

Estreamos novos revisteiros que recollen a nosa revista escolar DígochoEu! e O Papagaio, xornal da xente miúda, do cal somos subscritores dende a súa primeira publicación.

Para seguir desfrutando da lectura, informándonos !

15.6.10

RGE. dixital

A Revista Galega de Ensino inicia a súa andaina dixital e parécenos unha excelente noticia porque axudará a achegarnos a ela con máis asiduidade. Coma eles mesmos din:

As posibilidades que nos ofrecen as novas tecnoloxías son inmensas e compensan a perda, achegándolle á publicación un maior dinamismo e efectividade.

E seguen explicando:

Mantemos as seccións habituais, pero moitos artigos van acompañados de ligazóns. Agardamos que sexan de interese para todos os usuarios.A revista continúa sendo cuadrimestral.

As sección fixas permanecerán durante ese período, mentres que Axenda e Actualidade renovarán os seus contidos cada vez que se produza un acontecemento de especial relevancia.

No momento en que se publique un novo número, o anterior pasará a formar parte da hemeroteca, que estará sempre dispoñible para o usuario desde o número 1.

Tamén este novo formato nos vai permitir acoller artigos que non tiñan o seu espazo na versión anterior, e que agora é posible albergar en Outras seccións.Non nos queda máis que agradecer, a todos os lectores de Eduga, o apoio e os azos que tanto nos axudan no noso arduo labor diario.

Saúdamos este nacemento e deixamos a ligazón permanente na sección de Pais e Nais

14.4.09

O mundo da moda

Esta é a portada deste mes da revista Woman. Mirádea ben.
¿Notades algo especial?
Pois si. En portada. Con tipografía destacada. Na columna da esquerda. Arriba de todo.
Publicitan un artigo sobre bibliotecas e librarías!!!
Será, como di Manolo Bragado en Brétemas , que a lectura e os libros están de moda.

Pois, benvida a moda de viaxar visitando librarías e bibliotecas. Para todos aqueles que non tiñan o hábito, será unha fermosa descuberta. E benvida a conquista de novos territorios para falar do tema.