18.5.09

Ós nosos escolares uruguaios

A relación entre Malpica e Uruguay é antigua e sólida. Desde mediados do século pasado son moitos os malpicáns que estableceron relacións laborais e familiares entre este e o outro lado do Atlántico. Moitos matrimonios mixtos que deron como resultado unha chea de descendientes, moitos dos cales hoxe viven entre nós.

No pasado día da Paz, para ese caderno de poesía que fixemos colaborativamente con outras bibliotecas escolares de Galicia, os nosos escolares uruguaios recitaron a Benedetti.
Brenda, Bruno, Federico, Agustina e Sebas escolleron para recitar Defensa de la alegría: un poema necesario.

Hoxe o poeta deixounos pero queda con nós a súa obra. Para sempre.

Benedetti era un home bo. Esencialmente. Non hai nada rebuscado na súa obra, non hai que sacar o diccionario para lelo. Explicaba a alma humana con palabras sinxelas poñendo camiño ós sentimentos do lector.

Persoalmente, para min Benedetti evoca os meus anos de estudante en Compostela, que foi cando coñecín a súa obra. E ata hoxe.
Pero Benedetti non só era poeta, tamén era novelista e contista.

Moitos dos seus poemas foron convertidos en cancións por Daniel Viglietti, Luis Pastor, Joan Manuel Serrat, Loquillo, Nacha Guevara, Pablo Milanés...

Varias veces candidato ós premios Cervantes e Nobel hoxe, definitivamente, eses premios quedan sen Benedetti.

Máis referencias nas BEs galegas:

Máis información :


1 comentario:

I. CAMACHO dixo...

Se nos ha ido, sí, pero nos ha dejado herederos de un legado maravilloso: sus poemas, sus novelas, sus cuentos; y, sobre todo, su ejemplo de hombre comprometido con la VIDA. Defendamos la alegría siempre. Se lo debemos.