30.1.09

O noso Día da PAZ


Estes son algúns dos momentos que vivimos hoxe: poemas, debuxos, canción...alegría, desexos, reflexión... paises, culturas... nenos e nenas... armas de chocolate, pistolas de caramelo, tanques de gominola...
Tal vez.
Algún día.
De momento, van reflexionando e aprendendo palabras de PAZ.

Desde o equipo de Biblioteca fixemos unha selección poética para os diferentes cursos: un poema para cada grupo, que aprenderon e aparecen colgados en arquivos de voz na entrada anterior deste blog. Hoxe, no acto de celebración léronse só algúns: Uruguay, Perú, García Teijeiro, a Rolda do Soldadiño que nos cantaron os de infantil...

Previamente fixeran as cortinas de PAZ coas siluetas de pombas que cada ún coloreara. Despois, cantamos a canción que Mabel escolleu para todos.Para rematar, os nenos e nenas do 3º ciclo formaron a palabra PAZ que ensaiaran coa profe Laura.

Unha bonita xornada. Emotiva. Das que tocan o corazón.

29.1.09

CONSPIRACIÓN pola PAZ





  • PAZ?????????????

  • PAZ: PAM!. Balas. Confusión, asasinatos, bombas.
  • PAZ: PAF!. Golpes. Cambadelas da vida cotiá. Rancor. Violencia.
  • PAZ: PAZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZ. Soño. Sono indiferente da irresponsabilidade.
  • Non é un xogo. É a fraxilidade da palabra. Espello fiel da inestabilidade do seu significado.
  • Utopía imposíbel.
  • Palabra que xera poesía.
  • Poesía? Poesía e Paz.

  • Esta é a nosa proposta: un mundo reinado pola esperanza das palabras, palabras sublimes que permiten melodías, risos, soños... PAZ.

    Xesto simbólico o das Bibliotecas Escolares, que novamente unen voces, azos e esperanzas. A través do mosaico que supón, por fin na nosa comunidade, a integración de diferentes cores, razas, linguas... chega a poesía capaz de expresar unha mesma arela. O frenesí da humanidade dominado pola forza da palabra. Unidos contra a ignominia da morte inxusta, das violacións das mulleres, da violencia extrema, da existencia dos nenos-soldado, da vinganza. Optamos polo silencio das palabras, da súa mudez. Porque a súa música festexe os días de coñecemento. Porque os aloumiños que desprenden estas balas sexan quen de recargar o porvir. Porque o nosos pentagramas debuxen as fusas non confusas da ilusión, do mañá cargado de bombas de papel. Papeis que falan de sorrisos, de amores, de xustizas. Papeis convertidos en poesía.

    Hoxe, o noso alumnado, dende esas diferenzas que os converten en iguais, transfórmanse en trasnos portadores de equidade. Dende o pasado poético ao presente sonoro, ao futuro harmonioso.

  • Tanques de algodón
  • Armas de caramelo
  • O noso soño
  • O noso desexo
  • A nosa conspiración.

Doces "armas" amigas:

(Aquí podes ler os poemas dos outros coles)



As nosas armas de caramelo:



Brenda, Fede, Bruno, Agustina e Sebas.

Alba Luz e Pedro
















Directorio doutros tanques de algodón:

Pincha sobre as ligazóns e poderás saborear moitos máis poemas... de PAZ


Blog da biblioteca do IES Alexandre Bóveda. Vigo.
O Segrel do Penedo. IES de Fene. Fene. A Coruña.
Mesturas. IES Sánchez Cantón. Pontevedra.
Bibliobelesar. CEIP de Belesar. Belesar. Pontevedra.
Biblioandrade CEIP de Andrade. Pontedeume. A Coruña.
Bemilladoiro. Biblioteca do Ceip. Milladoiro. Malpica. A Coruña .
Biblioteca Olhos Grandes IES Nosa Señora dos Ollos Grandes . Lugo
Biblioteca do CEIP de Pazos. CEIP de Pazos. Ferrol. A Coruña.
Biblioteca do cole. CEIP Quintela de Moaña. Pontevedra
Cadernos de Vide. Escola Unitaria de Vide. As Neves. Pontevedra.
Biblioteca Brea Segade. C.E.P. Xose Mª Brea Segade. Taragoña. Rianxo.
Biblioteca IES de Sanxenxo. Sanxenxo. Pontevedra.
Biblioteca IES R. O. do Uruguai. IES República O. do Uruguai. Vigo.
Biblioblogreboreda. Ceip Santo Paio de Abaixo, Reboreda. Pontevedra.
Biblioteca Colexio de Cervo. CEIP de Cervo. Lugo.
Bibliochispi. CEIP A Laxe-Marin. Pontevedra.
Participa tamén neste proxecto o blog Trafegando Ronseis

Este traballo colaborativo fíxose desde as bibliotecas escolares galegas integradas no PLAMBE no mes de Xaneiro de 2009.


ZOE:
LINO:

26.1.09

Aprender sobre a PAZ

Aquí tendes unhas actividades para ver que tan listos/as sodes.
Picando sobre cada unha das imaxes toparedes unha webquest(baixo as mans) e un xogo de preguntas(baixo a bola do mundo).
A primeira procede do CEIP Mestre Martínez Alonso de Mos (Pontevedra)e a outra vímola na páxina de contidos da Xunta de Galicia e forma parte do Proxecto Xogamos, 1º premio 2007 de RECURSOS EDUCATIVOS PARA A SOCIEDADE DA INFORMACIÓN .
A ver canto sabes da PAZ
(Se pinchas sobre os debuxos vas dereitiño/a á actividade)



Xogo sobre a PAZ










Webquest sobre a PAZ
Para saber máis, non esquezas consultar a entrada do día 9 de xaneiro neste mesmo blog:Materiais para a PAZ , onde xa che ofreciamos recursos para traballar o tema.

23.1.09

Isto non é novo, en Malpica



Corría o ano 1965. 18 de Xaneiro. Un tremendo temporal tirou o muro da Atalaia. A xente non daba créto. Ningunha desgraza persoal pero moitas nos barcos. E, en Malpica, os barcos fan parte da familia. Xa non se celebrou a Festa dos Casados que sería, coma sempre, o día de S. Sebastián.

Un ano despois, 1966. 20 de Xaneiro. Un tremendo temporal rompe o muro da dársena pouco antes de comezar a verbena. De novo non houbo danos persoais. De novo unha desfeita nos barcos.

A festa dos casados non se volveu celebrar durante moitos anos.

Tódolos mariñeiros de Malpica saben que o inverno, inverno ven entre xaneiro e febreiro. Agora tamén saben que se chama cicloxénese explosiva.
De feito, aquí hai un refrán que di:

Se sae San Xulián, non sae S, Sebastián.

Para os non iniciados, direivos que S. Xulián celébrase o 8 de Xaneiro e S. Sebastián o 20 deste mesmo mes)

Así que xa sabedes como se chama o de hoxe...e tamén, ¡que non é nada novo! Preguntade na casa.
A min contáronmo: Choriña, Carlos o peluquero, Mucha da Atalaia e Tito de Peseta.

¡Ah! e non deixedes de visitar a páxina do Museo do Mar e mirar as fotos con papá, mamá, os avós... eles iranvos explicando o que vedes.
Porque é importante saber de onde vimos para saber a onde imos.
Desa páxina provén a foto que ilustra esta entrada.

Unha imaxe


A compañeira Beatriz González, desde Monforte achéganos o cartel que acompañará este ano a celebración do vindeiro día 30.
Non podemos dicir que sexa unha fermosa imaxe: a guerra non ten nada de fermoso. Pero sí que transmite esperanza e que contemplala dá azos para superar situacións miserables.

Grazas, Bea.

Posted by Picasa

22.1.09

O poder da imaxinación



Hoxe chegou a Vigo Chus Lago.
Para quenes non saibades quen é, trátase da 3º (4ª?) muller no mundo que chega camiñando ó polo Sur.

Chus saeu de Vigo o 31 de Outubro do ano pasado e chegou ó seu destino o 8 de Xaneiro despois de percorrer 1.200Km en 60 días camiñando co seu trineo.
Soa.

Conta que levaba na súa equipaxe un reproductor de música para sentirse acompañada nas travesías diarias. Pero estragouse. Non funcionou. E a deportista topouse no medio do xeo, sen máis paisaxe que ceo e neve.... soa...¿que podía facer? Pois botou man da IMAXINACIÓN.

Contouse historias a sí mesma durante esas xornadas interminables.

Non puiden evitar estremecerme cando hoxe llo escoitei dicir nada máis baixar do avión que a trouxo á casa.
A imaxinación....¡canto poder hai nesa palabra! A ela doulle forza, compaña, azos... e axudoulle a acadar a súa meta.

¿Non é unha fermosa noticia?

P.D.- Deixamos para outro día comentar que se trata dunha muller, e que é galega.

20.1.09

Irmáns

Celso Emilio, coa súa poesía intemporal, tamén canta á Paz na voz de Fuxan os ventos,
Coincidimos na selección do poema co amigo Beni. Debe ser un signo inéquivoco da idade.

18.1.09

Nenos victimas... SEMPRE


Estes días que andamos ás voltas coa guerra en Palestina, son axeitados para a reflexión sobre as voltas que dá a historia e a voz que teñen os nenos e nenas nela.


Pilar Sampedro, unha amiga querida, mandounos un correo falando de algo que nos andaba na cabeza e ela escribeu con claridade meridiana:

[...]tal vez se impoña unha reflexión imprescindible acerca dos medos e dos odios, de como hai que lembrar o pasado pero non instalarse nel para facerse dono duns dereitos absolutamente inxustos cos demais pobos.
¿Para cando os nenos palestinos terán unha voz que no seu nome lles fale aos nenos do mundo? Pensade na cantidade de libros protagonizados -con todo o dereito e algún máis- por nenos xudeus. ¿Terán que matar a moitos máis -tantos coma aquela vez- para que alguén se faga eco da súa voz?
Pilar Sampedro. (Vía o Segrel do Penedo)


Ó tempo chéganos, a través de Mesturas unha moi ilustrativa selección fotográfica que revela con claridade o que queremos dicir.

Non son quen de entender os mecanismos que fan que as víctimas se transformen en verdugos. Pero sí sei que os nenos e nenas están sempre no primeiro grupo:
o dos que sufren e non teñen voz.

Yo te nombro

Para hoxe, unha preciosa canción da cantante arxentina Nacha Guevara.

Por el pájaro enjaulado.
Por el pez en la pecera.
Por mi amigo, que está preso
porque ha dicho lo que piensa.
Por las flores arrancadas.
Por la hierba pisoteada.
Por los árboles podados.
Por los cuerpos torturados
yo te nombro, Libertad.
Por los dientes apretados.
Por la rabia contenida.
Por el nudo en la garganta.
Por las bocas que no cantan.
Por el beso clandestino.
Por el verso censurado.
Por el joven exilado.
Por los nombres prohibidos
yo te nombro, Libertad.
Te nombro, en nombre de todos,
por tu nombre verdadero.
Te nombro y cuando oscurece,
cuando nadie me ve,
escribo tu nombre
en las paredes de mi ciudad.
Escribo tu nombre
en las paredes de mi ciudad.
Tu nombre verdadero,
tu nombre y otros nombres
que no nombro por temor.
Por la idea perseguida.
Por los golpes recibidos.
Por aquel que no resiste.
Por aquellos que se esconden.
Por el miedo que te tienen.
Por tus pasos que vigilan.
Por la forma en que te atacan.
Por los hijos que te matan
yo te nombro, Libertad.
Por las tierras invadidas.
Por los pueblos conquistados.
Por la gente sometida.
Por los hombres explotados.
Por los muertos en la hoguera.
Por el justo ajusticiado.
Por el héroe asesinado.
Por los fuegos apagados
yo te nombro, Libertad.
Te nombro, en nombre de todos,
por tu nombre verdadero.
Te nombro y cuando oscurece,
cuando nadie me ve,
escribo tu nombre
en las paredes de mi ciudad.
Escribo tu nombre
en las paredes de mi ciudad.
Tu nombre verdadero,
tu nombre y otros nombres
que no nombro por temor.
Yo te nombro,
Libertad.

Fuente: musica.com

16.1.09

Outro son de PAZ

Vía Un rato na biblioteca coñecemos esta canción que che ofrecemos.

Non está mal aprender a cantar sons de paz.

Un son de Paz

Ronda do soldadinho

Poema incluído no libro Solaina de Kalandraka que inclúe un cd coas cancións. Podelo topar na nosa biblioteca.
En tempos nos que tan necesaria é a paz, non ven mal aprender unha tonada coma esta.

15.1.09

Palestina




(Vía Trafegando ronseis)das mans amigas de Anxo e Gracia, este video tan necesario para ENTENDER.

11.1.09

Apoio a CHICAS 10

Hoxe queremos facervos unha proposta, Apoiar ao Blog Chicass 10, nominado como Mellor Blog do Ano por RTVE no premio Miradas2.


Para presentarvos este blog que coñecimos o verán pasado nos III Encontros Edublog que se celebraron en Santiago, escollimos esta Carta de Presentación escrita por Lourdes Barroso

"Chicass 10" no es un blog cualquiera, es una ventana abierta en el módulo de mujeres de la cárcel de Teixeiro. Es una experiencia educativa basada en el voluntariado de quienes enseñan y el coraje, la voluntad de superación, y la esperanza de un puñado de mujeres condenadas no solo a la reclusión, sino también a la exclusión social. Este blog se escribe sin Internet, porque en la cárcel no hay acceso a Internet, pero es el motor de arranque de la motivación de quienes publican en él, lo hace con esmero, es su "cuaderno de limpio", la mayor parte de ellas se están alfabetizando, nos muestra su historia y sus aprendizajes. A través del blog han buscado nuestra mirada, nuestro comentario, nuestro apoyo, que va llegando con cuentagotas. El fuerzo realizado, el compromiso, el cambio en lo personal, no se ha visto hasta ahora recompensado por parte de la administración penitenciaria, pero quizás ahora se abra una nueva oportunidad, si entre todos somos capaces de movilizarnos darles nuestro apoyo. Chicass 10 ha sido nominado como mejor blog del año por RTVE.es en los premios Miradas2, tal vez, si somos capaces reunir los votos suficientes, las cosas en Teixeiro puedan cambiar.

"Quizás non consigamos que gañen pero alomenos terán coseguido o noso recoñecemento, necesítano e meréceno".


¡¡Vota Chicass 10!! Nós, xa o fixemos!!

¡¡Difunde esta mensaxe!!.

Tamén en:

(Vía O Segrel do Penedo)

9.1.09

Materiais para a PAZ

Andamos a preparar o día escolar da Paz e a non violencia que, como sabedes se celebra o día 30 deste mes que andamos e este ano anda un pouco amolada (a PAZ, quero dicir)
Navegando pola rede topamos con algúns materiais que poden ser de interés e que vos achegamos para que non se perda máis tempo.
O primeiro do que vos queremos falar é o blog de Poesía infantil i Juvenil do que quitamos o debuxo que ilustra esta entrada. Nel toparedes enlaces a algúns sitios verdadeiramente interesantes.
Especial atención merece a páxina de Intermon-Oxfam que inclúe algunhas propostas para levar ás aulas nos catro idiomas do estado. Inclúe, asemade, un apartado de publicacións que se poden pedir por correo e dos que algúns (como os videos) están tamén en galego.
Para escolares máis maiores, pode ser interesante a páxina de Celia Fernández Corral.
Do que andamos escasos, de momento, é de materiais en galego, dos que só dispoñemos da páxina do SGEP. Pero todo se andará. Queda por diante unha longas e fría fin de semana para bucear no que temos, no que sabemos ... e no que podemos topar.


Aprende máis sobre a PAZ

8.1.09

Maruja Torres: Premio Nadal

Efectivamente: a escritora, xornalista, muller comprometida, cidadana crítica... Maruja Torres ven de gañar o Premio Nadal deste ano pola súa novela Esperadme en el cielo que será publicada en breve pola editorial Destino.

Adicada ós seus amigos Manuel Vázquez Montalbán e Terenci Moix, desenvolvese nas rúas de Madrid, Barcelona e Alejandría. O libro é unha aventura en homenaxe ós dous escritores xa falecidos e a profunda amizade que une a ambos coa autora.
O Premio Nadal de novela é o máis antiguo que se concede en España: desde 1945.

Felicitamos a Maruja por este recoñecemento.