Amosando publicacións coa etiqueta clubs de lectura. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta clubs de lectura. Amosar todas as publicacións

28.5.26

Club de lectura: "Leo le"

 O presente curso, 2025/26, entramos a formar parte do programa "Clubs de lectura" da Asesoría de Bibliotecas escolares de Galicia. Naceu co nome de "Leo le" co obxectivo de promover a lectura compartida en galego e despertar o interese en torno aos libros. Foi un comezo tímido no que soamente participaron tres alumnas de 6º de Educación Primaria na lectura do primeiro libro escollido, "Dúas bágoas por máquina" de Fina Casalderrey. Elas foron as que escolleron a seguinte lectura, "Meigas" de Esteban Folgar Brea, ampliando ademais a participación ao alumnado de 4º e 5º de E.P. coa adaptación de lectura fácil da Editorial Galaxia. Sempre animamos a reunión cun pequeno aperitivo que facía as nosas aportacións máis doces.

Esperamos que este club continúe nos vindeiros anos con moitos máis libros e lectores!




15.10.25

AS NOSAS LETRAS: Fina Casalderrey

Premer na imaxe para acceder á galería de fotos

Iniciamos curso coa exposición trimestral adicada a autorías galegas, AS NOSAS LETRAS!

No 1º trimestre celebramos a escrita de Fina Casalderrey, mestra, escritora e membro da Real Academia Galega. Autora que é imprescindible coñecer e... ler!

Ao tempo, a exposición é un excelente recurso para apoiar o itinerario lector de 6º de primaria, que acolle no Plan lector 2025-26 o exemplar de Fina, Dúas bágoas por Máquina. Exemplar ao que tamén darán tratamento no programa solicitado no presente curso: Clubs de lectura.

Leo anímate a... marabillarte con Fina Casalderrey!